Cities: Skylines é un videoxogo de construción de cidades creado pola compañía finlandesa Colossal Order[1] e publicado por Paradox Interactive[2] o 10 de marzo de 2015 para Windows, macOS e Linux. Considérase popularmente como o competidor dos máis famosos xogos dentro deste xénero, principalmente o SimCity (2013) e en menor medida do Cities XXL. O 24 de outubro de 2023 foi lanzada a secuela Cities: Skylines II.[3]
Xogo
Cities: Skylines céntrase nunha simulación de construción de cidades a través dunha planificación urbanística. Os xogadores controlan a zonificación, a construción de estradas, impostos, servizos públicos e transportes públicos. O xogo é aberto, divulgado como "un xogo de tipo sandbox infinita a través de mapas masivos." As políticas civís determinadas polo xogador poden afectar a todo o desenvolvemento da cidade enteira ou de distritos individuais.
As estradas poden ser construídas rectas ou con forma libre e a cuadrícula usada para a zonificación adaptase á forma da estrada; as cidades necesitan seguir un plan hipodámico. As estradas de diferentes anchuras (ata autoestradas principais) admiten distinta cantidade de tráfico, e varios tipos de estradas (por exemplo estradas con árbores) ofrecen unha redución da contaminación acústica ou aumentan a valoración urbanística no circundante a cambio dun maior custo para o xogador.
A creación de mods, engadindo contido creado polos usuarios como construcións ou vehículos, será engadido a Skylines; a creación dunha comunidade activa modder é un obxectivo explícito de deseño. Este contido estará dispoñible para descarga a través de Steam Workshop.
Só serve para sistema operativo de 64 bits.
Recepción
Notas