Cirela é un lugar da parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o IGE,[1] en 2017 tiña 58 habitantes (25 homes e 33 mulleres).
O río Deza baña a aldea, que conta cunha ponte que comunica Cirela coa parroquia silledense de Cira. Na aldea atópase o cruceiro de Cirela, que está realizado en granito e representa un Cristo crucificado e unha Virxe orante.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Lugares e parroquias
Lugares de Gres
Parroquias de Vila de Cruces
Notas