Cidade de Deus é un filme brasileiro dirixido por Fernando Meirelles que se estreou no 2002.
Sinopse
O filme comeza nos anos 60, cando novos como Dadinho e Bené son pequenos delincuentes nunha favela perigosa do Río de Xaneiro, chamada "Cidade de Deus". O filme conta o desenvolvemento da vida de Buscapé (Alexandro Rodrigues) en Cidade de Deus ata os anos 70, cando os antigos amigos forman ideas distintas sobre a dirección das súas vidas. O lugar é un sitio no que o tráfico de cocaína, os asasinatos, a delincuencia xuvenil e o suborno policial son algo cotián.
Personaxes
(en orde alfabética)
- Alex Luiz de Avellar Sarmento — "Adoçante"
- Alexandre Rodrigues — "Buscapé"
- Alice Braga — Angélica
- Charles Paraventi — "Tio Sam"
- Christian Duurvoort — "Paulista"
- Daniel Zettel — Thiago
- Dani Ornellas — veciña do "Paraíba"
- Darlan Cunha — "Filé com Fritas"
- Douglas Silva — "Dadinho" (Zé Pequeno de neno)
- Edson Montenegro — pai de "Busca-pé"
- Edson Oliveirra — "Barbantinho"
- Emerson Gomes — "Barbantinho" (de neno)
- Felipe Silva — Rafael
- Gero Camilo — "Paraíba"
- Graziella Moretto — Marina Cintra
- Guilherme Aparecido Aguilar - "Tanajura"
- Jefechander Suplino — "Alicate"
- Jonathan Haagensen — "Cabeleira"
- Karina Falcão — muller de "Paraíba"
- Leandra Miranda — "Lúcia Maracanã"
- Leandro Firmino da Hora — "Zé Pequeno"
- Luis Otávio — "Busca-pé" (de neno)
- Luiz Carlos Ribeiro Seixas — "Touro"
- Marcos Junqueira — Otávio
- Matheus Nachtergaele — Sandro "Cenoura"
- Maurício Marques — "Cabeção"
- Michel de Souza Gomes — "Bené" (de neno)
- Olívia Araújo — recepcionista do motel
- Paulo César "Jacaré" — "Tuba"
- Phellipe Haagensen — "Bené"
- Renato de Souza — "Marreco"
- Ricardo Pagotto Piai - "Chicão"
- Roberta Rodrigues — Berenice
- Robson Rocha — Gélson
- Rubens Sabino — "Neguinho"
- Sabrina Rosa — muller do "Galinha"
- Seu Jorge - "Mané Galinha"
- Thiago Martins — "Lampião"
- Thiago Berto Jardim — "Zelão"
Galardóns e nomeamentos
- 2003: 4 nomeamentos ó Oscar: Mellor director, fotografía, montaxe, guión adaptado.
- 2003: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película estranxeira.
- 2003: BAFTA: Mellor montaxe. 2 nomeamentos.
- 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor película estranxeira.
- 2003: Toronto: Mellor película estranxeira.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas