Ciclo de desenvolvemento

O ciclo de desenvolvemento é a formalización dunha evolución que sofren todos os produtos do mundo real. Comunmente terá as fases de nacemento, desenvolvemento, madurez e morte.

Ciclo de vida dun produto informático

O desenvolvemento dun sistema informático trae consigo tres etapas: a definición, o desenvolvemento e o mantemento. Estes pasos encontraranse sempre, independentemente do tamaño, da complexidades e da área de aplicación.

  • Definición. Caracteriza o sistema: a información que vai usar, os condicionantes, criterios de validación etc.
  • Desenvolvmento. Deséñanse as estruturas, impleméntanse, documéntanse e faise unha serie de probas.
  • Mantemento. Unha vez construído o sistema pódense atopar fallos que deben corrixirse, ou pensar en novas prestacións que se deberán engadir á aplicación.

Estes ciclos de vida son retroalimentados, de forma que, estando nunha das fases, poderemos retroceder se atopamos erros mediante revisións na documentación.

Véxase tamén

Outros artigos