Chupóns

Chupóns
FormatoAnimación
Creado porGenoma Animation
Desenvolvido porBRB Internacional
Genoma Animation
TVC
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Sen diálogo
Episodios104
Produción
Duración2 minutos
Emisión orixinal
Primeiro episodio2009
Derradeiro episodio2010
Na rede
https://animakids.com/suckers/
IMDB: tt4470926 Netlix: 80067433 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Chupóns (en inglés: Suckers) é unha serie de televisión española de animación slapstick. A serie mostra a vida dun grupo de bonecos que vive na parte traseira dos coches. Chámanse Chupóns e son retortos e algo perversos, aínda que nada perigosos para o xénero humano. A serie é unha coprodución de Screen 21, Genoma Animation e Televisió de Catalunya. BRB Internacional distriúea a nivel mundial. Estreouse en Disney XD o 27 de febreiro de 2010 nos Estados Unidos[1]

Estreouse en galego a través da plataforma dixital do Xabarín o 27 de decembro de 2024.[2]

Sinopse

O protagonista, Travis, é unha peluche azul que habita na lúa traseira dun vehículo corrente e que ten como compañeiro de viaxe un pequeno e tranquilo can chamado Constantine. Xuntos vivirán moitas aventuras e experiencias mentres viaxan e mostran ao espectador un novo punto de vista: o que se ve a través dos cristais dun automóbil xunto cos seus veciños doutros vehículos, como Kawaii, Mc Speacker, os Irmáns Vandross e Panda-8.

Premios

  • 3º Premio 3D Art Futura España 2009.
  • Premio MIPCOM JR Kids’ Jury 2009 á mellor serie de animación de 7 a 10 anos.

Notas

  1. "SUCKERS SE ESTRENA HOY EN DISNEY XD". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2014. 
  2. @XabarinGal, ed. (27 de decembro de 2024). "Estamos de estrea en xabarín.gal 🤩 Xa podes ver #Chupóns, as aventuras de Travis e o resto de bonecos que viven na parte traseira dos coches". Consultado o 11 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

Outros artigos