Christian Díaz

Modelo:BiografíaChristian Díaz
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CB Gran Canaria

Christian Díaz Rodríguez, nado o 23 de marzo de 1992 nas Palmas, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para Monbus Obradoiro da Liga LEB Ouro, no que xoga na posición de base cunha altura de 1,84 metros.

Traxectoria

Nado nas Palmas de Gran Canaria, Christian Díaz formouse na canteira do CB Gran Canaria, principal club de baloncesto da súa cidade natal. No equipo canario consegue chegar a debutar no filial de Liga EBA en 2010. Posteriormente, é ascendido ao UB La Palma, equipo vinculado ao Gran Canaria en LEB Ouro, onde permance durante dúas temporadas. No seu segundo ano consegue unhas medias de 7,1 puntos e 1,8 asistencias, contribuíndo a que o equipo xogase o playoff. Nas eliminatorias é capaz de aumentar a súa achega, conseguindo nos catro partidos que disputa 8,5 puntos e 4,3 asistencias de media. Con todo, na seguinte camapaña o equipo desaparece e Días regresa ao filial do Gran Canaria, esta vez en LEB Prata. Porén, o 5 de febreiro, antes de terminar a temporada, regresa á LEB Ouro da man do Planasa Navarra.

No conxunto pamplonica permanece unha tempada máis, facendo nesta segunda temporada 7,5 puntos, 2,6 asistencia e 2,3 rebotes por partido. Ao ano seguinte asina polo Club Ourense Baloncesto, onde consegue gañar as eliminatorias polo ascenso á Liga ACB. No equipo ourensán xoga unha media de aproximadamente 14 minutos por encontro con 4,2 puntos, 1,5 rebotes e 0,9 asistencias de media. Ao ano seguinte asina polo CB Peñas Huesca, para na temporada 2016−17 regresar ao Ourense, onde goza de moito máis protagonismo que na súa anterior etapa. De feito, a súa media de minutos por partido pasa a ser de 27, conseguindo 10,6 puntos, 4,3 asistencias e 2,7 rebotes por encontro. Tras finalizar a campaña, o Club Baloncesto Breogán anuncia a súa incorporación para a temporada 2017−18.

Clubs

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas