Chelsea Winstanley é unha produta neozelandesa de ascendencia maorí nomeada ó premio Óscar. É coñecida por producir os filmes What We Do in the Shadows (2014) e Jojo Rabbit (2019), ámbolos dous dirixidos polo seu marido, Taika Waititi.[1]
Traxectoria
Winstanley ten ascendencia maorí das tribos Ngāti Ranginui e Ngai Te Rangi por parte da súa nai.[2] Produciu curtametraxes como Meathead e Night Shift. En 2014, produciu What We Do in the Shadows con Taika Waititi e Jemaine Clement. Produciu o documental de Merata Mita sobre o abuso doméstico Saving Grace, Te Whakarauora Tangata, e tamén dirixiu algúns documentais.[1]
No ano 2014, foi galardoada co Premio SPADA Screen Industry Awards Independent Producer of the Year, compartido co seu marido Taika Waititi.[3]
En xuño de 2015 Winstanley foi nomeado muller neozelandesa Mana Wahine no Festival de Cinema Maorí de Wairoa.[4]
Vida persoal
Con 20, Winstanley tivo un fillo, Maia, que criou como nai solteira.[2]
Casou co director neozelandés Taika Waititi, a quen xa coñecera con vinte anos cando o entrevistou para unha serie documental sobre artistas maorís. Volveron coñecerse na rodaxe do filme Boy, e casaron dous anos despois. En maio de 2012, Winstanley deu a luz á súa primeira filla, Te Kainga o Te Hinekāhu Waititi.[5][6] En 2015, deu a luz á súa segunda filla, Matewa Kiritapu.[7][8]
Notas