O chaveiro vermello, Cephalanthera rubra,[1] é unha especie de orquídea terrestre pertencente á familia Orchidaceae. Distribúese por Eurasia.
Descrición
É unha herba perenne, con rizoma subterráneo, cun só talo, que contén a inflorescencia en espiga con flores hermafroditas, de cor rosa ou violeta e que alcanza ao redor de 20-50 cm de altura. os seus talos son erectos, foliosos estriados e con pelos glandulares na parte superior, de 20-40 cm de altura. As súas follas inferiores son lanceoladas, as superiores son linear-lanceoladas, de 5-12 cm de lonxitude. As súas flores están dispostas en espigas laxas, con 6 pezas periánticas, de cor púrpura, con 3 pezas externas e outras tantas internas, similares e confluentes, aínda que a interna inferior (labelo) presenta entre 7 e 9 finas costelas amareladas; ovario situado en posición inferior con relación ao resto das pezas florais. O seu froito en cápsula que contén numerosísimas sementes. Florece na primavera e verán.[2]