Charles Norbert Roëttiers , nado en París o 15 de agosto de 1720 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1772 , foi un medallista e deseñador de moeda francés , o décimo segundo en ocupar o posto de gravador xeral de moeda de Francia .[ 1]
Traxectoria
Charles Robert Roëttiers pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga .[ 2] [ 3] Era fillo de Joseph Charles Roëttiers (1691 -1779 ), de quen aprendeu a arte do gravado da medalla e a moeda, e neto de Joseph Roëttiers (1635 -1703 ).[ 4] [ 5]
Medalla de Charles Norbert Roëttiers (1770 ): construción da Monnaie de Paris .[ 6] [ 7]
1 escudo . Lois XV (1771 ), obra de Charles Norbert Roettiers e do seu pai Joseph Charles Roëttiers . [ 8]
En 1753 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia , posto no que foi o sucesor do seu pai. No entanto, logo do falecemento de Charles Norbert en 1772, foi novamente o seu pai quen reasumiu o posto interinamente, ata 1774 , cando lle foi cedido a un novo titular, Pierre Simon Benjamin Duvivier .[ 9]
Desde 1759 ata a súa morte foi tamén gravador particular de moedas e medallas do rei na Monnaie de París .[ 5]
Charles Robert foi un asiduo participante nos Salóns de París , onde amosou as súas medallas e outras creacións, nas edicións de 1753, 1761 , 1765 , 1769 e 1771 .[ 9]
As formas máis habituais de asinar as súas moedas e medallas foron: C. N. R. ou ROETTIERS FILIUS ou ROETT. FILIUS ou ROETTIERS FIL. ou ROETT. FIL. ou R. FIL. ou R. F. ou C. N. ROETTIERS FILIUS .[ 10]
Charles Robert Roëttiers foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura o 31 de decembro de 1764 , en recoñecemento a unha medalla da súa creación que representaba a fraternidade entre ambas as artes, coa lenda AMICAE QUAMVIS AEMULAE .[ 4] [ 9]
Notas
↑ "Charles Norbert Roettier ". The British Museum .
↑ Rodot, N. (1904). Páxina 110 .
↑ Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family ". Páxina 176 bis.
↑ 4,0 4,1 Bellier de La Chavignerie, E. (1885) .
↑ 5,0 5,1 Forrer, L. (1916). Páxina 151 .
↑ Les Médailles de L'Ancienne Collection Royale . Administration des Monnaies et Médailles, París. 1900. Nº 158. Páxina 5 e lámina XVIII.
↑ Forrer, L. (1916). Páxina 153 .
↑ "1 Écu - Louis XV ". Numista.com
↑ 9,0 9,1 9,2 Forrer, L. (1916). Páxina 152 .
↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 153-155 .
Véxase tamén
Bibliografía
Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française . Pillet Fils, París.
Bellier de La Chavignerie, E. (1885). "Roettiers (Charles-Norbert) ". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes . Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 405.
Forrer, L. (1916). "Roettiers, Charles-Norbert ". Biographical Dictionary of Medallists . Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 151-155.
Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France . Leroux, París.
Outros artigos