Chalet, coñecidos tamén baixo a denominación AFP-366, foi unha serie de satélites artificiais adicados á espionaxe electrónica pertencente á Oficina Nacional de Recoñecemento dos Estados Unidos. Foron os sucesores da serie de satélites Canyon, cuxa numeración continuaron, e tamén pertencían ao Programa 7500. Estaban adicados á interceptación de comunicacións pero tamén eran capaces de recoller telemetría de mísiles. Eran lanzados a órbitas case xeoestacionaria, dunhas 24 horas de duración pero diferentes apoxeo e perixeo para mellorar a triangulación de sinais.
Usaban antenas de ata 38 m de diámetro e estaban estabilizados nos tres eixos. Lanzáronse un total de seis satélites Chalet mediante foguetes Titan, cinco deles chegando a órbita sen problemas e un perdido durante o lanzamento.
O nome do satélites cambiou de Chalet a Vortex cando o primeiro foi desvelado polo New York Times en 1979. Algo semellante ocorreu en 1987, cando pasaron a coñecerse como Mercury.
Historial de lanzamentos
Satélite
|
Data
|
Sitio de lanzamento
|
Foguete
|
Resultado
|
Notas
|
Chalet 8 (Vortex 8)
|
10 de xuño de 1978
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan IIIC
|
Éxito
|
Primeiro lanzamento dun Chalet.
|
Vortex 9 (Chalet 9)
|
1 de outubro de 1979
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan IIIC
|
Éxito
|
|
Vortex 10 (Mercury 10, Chalet 10)
|
31 de outubro de 1981
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan IIIC
|
Éxito
|
|
Vortex 11 (Mercury 11, Chalet 11)
|
31 de xaneiro de 1984
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan 34D
|
Éxito
|
|
Mercury 12 (Vortex 12, Chalet 12)
|
2 de setembro de 1988
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan 34D
|
Fallo
|
Fallo da última etapa.
|
Mercury 13 (Vortex 13, Chalet 13)
|
10 de maio de 1989
|
Cabo Cañaveral, rampla de lanzamento 40
|
Titan 34D
|
Éxito
|
Último lanzamento dun Chalet.
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos