Os Titan IIIC eran foguetes Titan IIIA modificados con foguetes aceleradores laterais. Inicialmente foron deseñados tamén para voos tripulados usando o avión espacial Dynasoar que nunca chegaría a ser lanzado. Ademais da versión básica usouse unha versión denominada Titan 23C de maior capacidade. Eran capaces de poñer en órbita baixa terrestre cargas de máis de 13 toneladas.[1][2][3]
Lanzáronse 36 foguetes Titan IIIC en total, con tres fallos totais e tres fallos parciais.[1][2][3]