Cesáreo Bachiller Fernández, nado en Bos Aires o 5 de outubro de 1914 e finado en Xixón o 14 de febreiro de 2004, foi un futbolista arxentino-galego, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria
Fillo de Cesáreo Bachiller Ruiz e Josefina Fernández López, naceu na Arxentina e instalouse na súa infancia en Lugo, de onde procedía a súa familia. Xogou no Fortuna de Lugo e no Sporting Vilalbés,[1] e en 1933 debutou como profesional no Lugo Sporting.[2] Con este equipo disputou o Campionato de Galicia nas tempadas 1934/35 e 1935/36, acadando na segunda delas o terceiro lugar final, só por detrás do Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Posteriormente, xogou no Club Lemos.
Tras finalizar a guerra civil española, fichou polo Atlético Aviación. Na tempada 1939-40 converteuse nun dos cinco primeiros futbolistas galegos en gañar a liga española, xunto cos seus compañeiros no Atlético Juan Vázquez, Celso Blanco, Enrique Rubio e Guillermo. Esa mesma tempada gañou tamén a Copa dos Campións contra o Espanyol. Ao termo da campaña foi traspasado ao Granada CF, co que se proclamou campión da Segunda División na tempada 1940-41 e ascendeu á máxima categoría do fútbol español. Xa en primeira marcou 10 goles en 24 partidos, fichando a continuación polo Sporting de Gijón.
Na súa segunda tempada no Sporting, rescindiu o seu contrato e fichou polo Real Madrid, co que non chegou a xogar ningún partido.[3] A finais de 1944 incorporouse ao CD Málaga, onde se retirou en 1945. Tras a súa retirada instalouse en Xixón, onde puxo en marcha unha empresa de materiais de construción.[4]
Palmarés
Atlético de Madrid
Granada
Sporting de Gijón
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas