Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ceo (homónimos).
O Centre d'Estudis d'Opinió, (en galego, Centro de Estudos de Opinión), tamén coñecido polas súas siglas CEO, é o órgano da Generalitat de Catalunya encargado de realizar as enquisas sobre intención de voto, valoración de partidos e líderes políticos, así como os estudos postelectorais.
Cada ano o CEO realiza catro sondaxes de opinión, o chamado Barómetro de Opinión Política (BOP), que analiza profundamente o comportamento e a evolución das opinións políticas dos cataláns, así como os principais problemas que percibe a cidadanía, a valoración dos partidos políticos e dos seus líderes, as situacións sociolaborais etc. Ademais dos BOP, realiza os Índices de Satisfacción Política (ISP) e outros barómetros como valoración do goberno, debate de política xeral, perfil dos electores dos partidos parlamentarios, así como estudos puntuais como os valores democráticos, 30 anos despois do 15 de xuño de 1977. Taménm eectúa sondaxes da percepción do nivel de vida e das actitudes ante a política, valores básicos, circunstancias vitais e orientacións políticas, entre outros.
O director do CEO é nomeado polo Goberno catalán a proposta do conselleiro de Economía e Finanzas, e conta cun Consello Reitor que se encarga de planificar e programar a súa actividade. O Consello Reitor está constituído por un presidente, tamén nomeado polo executivo a proposta do conselleiro de Economía, e este, ao director, que ten voz pero non voto. Joan Rigol foi o seu primeiro presidente (2007-2011), que foi sucedido por Joan Marcete,[2] e por doce vogais. Oito destes membros deben ser altos cargos da Administración, e os catro restantes expertos escollidos polo Goberno procedentes do ámbito das ciencias políticas, sociais, económicas e da estatística.
O 20 de xuño de 2013 o Goberno español, presidido por Mariano Rajoy, propuxo suprimir, entre outros, este órgano da Generalitat de Catalunya, dentro da prevista reforma das administracións.[3]