Celedonio Basanta Casal, nado en Covas, Viveiro, o 14 de decembro de 1929, e finado en Nova York o 8 de novembro de 2005, foi un futbolista galego. Foi internacional coa selección de Cuba.
Traxectoria
Seus pais, Celedonio Basanta García e Josefa Casal, eran dous viveirenses afincados en Cuba. Cele naceu en 1929 en Covas, a onde súa nai regresara para recuperarse duns problemas de saúde.[1] Criouse en Viveiro, onde comezou a xogar ao fútbol, e en 1948 marchou con seu pai para Cuba, onde traballou como representante dunha casa de pinturas.[1]
Xogou en equipos de barrio da Habana e en 1950 fichou polo Real Iberia, no que militou ata 1954.[2] Pasou entón ao Casino Español, co que conquistou o Campionato Nacional de Cuba en 1956.[1] Dende 1958 ata 1960 xogou no Club Atlético de Cuba.
Posteriormente instalouse en Nova York, onde traballou no mantemento dun edificio de Manhattan. Faleceu na cidade estadounidense o 8 de novembro de 2005, aos 75 anos de idade.
Selección cubana
O seu bo xogo nos clubs da Habana fixo que fose convocado pola selección cubana, coa que debutou en 1955. Xogou no combinado cubano ata a Copa CCCF de 1960.[3][4]
Vida persoal
Casou en 1965 en Nova York con Josefina Sánchez (natural de Veigue, Sada), coa que tivo tres fillos: Roberto Manuel, José Antonio e Rosemary Soledad.[1]
Palmarés
Notas