Cayetano Sánchez Bustillo, nado en Llanes en 1839 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1908, foi un avogado e político español.
Traxectoria
Con quince anos comezou a traballar como oficial na Dirección Xeral do Ministerio de Facenda. Despois licenciouse en Dereito. Na Restauración foi elixido deputado polo distrito de Caldas de Reis nas eleccións de 1876 e polo da Cañiza nas eleccións de 1879. Foi Ministro de Ultramar entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881. Nas eleccións de 1884 foi elixido deputado polo distrito de Villanueva de los Infantes (Cidade Real). En 1886 foi elixido senador pola provincia de Oviedo, mantendo o posto até 1896 cando foi nomeado senador vitalicio.
Foi requirido por Antonio Maura para ser ministro de Facenda nun dos seus gabinetes, ocupando a carteira entre o 23 de febreiro e o 14 de setembro de 1908.
Foi presidente do Banco de España (1890-1891), primeiro presidente do Banco Español de Crédito, presidente do Banco Hipotecario de España, Alcalde de Madrid[1] en 1890 e presidente da Compañía Arrendataria de Tabacos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas