O catalán antigo ou catalán medieval (en catalán: català antic) foi unha lingua románica falada durante a Idade Media, precursora do catalán contemporáneo e das súas variedades dialectais.
Durante período medieval, empregouse no principado de Cataluña, no reino de Valencia, nas illas Baleares e na cidade de L'Alguer (Sardeña), territorios integrados na coroa de Aragón. Tamén se falaba en zonas do reino de Murcia, pertencente á coroa de Castela.