O Castro do Monte das Ermidas, tamén coñecido como Castelo das Ermidas é castro, un poboado fortificado da Idade de Ferro, quizais fundado no século IV a.C., pertencente á parroquia de Jesufrei do concello de Vila Nova de Famalicão.
Sitúase nun outeiro xunto ao lugar de Palhares, a carón do río Guizando. Pode que fora habitado até a Idade Media.
Estaría rodeado por uma muralla de paredes compostas de perpiaños graníticos asentados en seco, en aparello poligonal, constituída por dous paramentos paralelos enchidos con pedra miúda que, nalgúns lugares, chegaría aos 4 metros de altura e de espesor. No lado mais exposto, a muralla estaba reforzada por dous fosos. Apesares de non se atopar vestixios visíveis, foran atopadas na zona interior da muralha, construcións cun núcleo de casas predominantemente de planta circular, con indícios de que os arruamentos e, especialmente un patio central, estarían pavimentados con laxas de granito.
O Castro foi obxecto de varias campañas arqueolóxicas nas que se recolleron gran cantidade de fragmentos de cerámica indíxena datada na Idade de Ferro ademais de cerámica de"importación", (grega e campaniense) e que tería chegado ao castro na época da romanización, como as imbrices e tegulae (tipos de tellas) que testemuñan a importancia da romanización na historia deste castro.
Nos últimos anos o castro tense deteriorado significativamente pola erosión e polo abandono ao que foi condenado.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos