Castelo Branco é unha cidade de Portugal, situada no centro interior do país, a unha distancia aproximada de 260 km ao nordeste de Lisboa. O concello sumaba 55.809 habitantes en 2001. O casco urbano propio achegábase aos 31.000 habitantes
Administración
Castelo Branco é un dos municipios maiores de Portugal, cunha superficie de 1.439,94 km², subdividido en 25 freguesías administrativas. Limita polo norte co concello do Fundão, polo leste con Idanha-a-Nova, polo sur con España, polo suroeste con Vila Velha de Ródão e polo oeste con Proença-a-Nova e máis con Oleiros.
En 1213 recibiu carta foral de Pedro Alvito, cedida polos templarios, na que aparece a denominación Castel-Branco. Dous anos despois, o papa Inocencio III confirmouna, dándolle o nome de Castelobranco.
O mesmos templarios mandaron erguer as murallas e o castelo, entre 1214 e 1230. No interior dese recinto encóntrase a igrexa de Santa Maria do Castelo, antiga sede da freguesía. Aquí se reunían en asemblea dos homens-bos e as autoridades monástico-militares, até o século XIV.
No 1510 foille concedida nova carta foral a Castelo Branco, polo rei Manuel I.
O Pazo Episcopal (anexo ao actual Museo Francisco Tavares Proença Júnior) é unha das mellores mostras do pulo da cidade na Idade Moderna. Mandado construír polo bispo da Guarda, Nuno de Noronha, entre 1596 e 1598, pasaría a ser logo a residencia dos bispos de Castelo Branco.
A cidade viría a tornarse capital do distrito aínda en 1959.
Economía
A cidade ten sona en Portugal pola súa artesanía de colchas. En canto a industrias modernas é sede da compañía Centauro, que fabrica refixeradores, e da multinacional láctea Danone.