Casa da Moeda de Paquistán

Casa da Moeda de Paquistán
پاکستان ٹکسال
TipoCompañía pública.
Fundación1942.
MatrizBanco Estatal de Paquistán.
LocalizaciónLahore.
Punjab.
Paquistán.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas.
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Paquistán (en urdú: پاکستان ٹکسال ) é unha ceca pública paquistaní localizada no municipio de Shalimar Town, en Lahore. É a máis antiga das casas de moeda establecidas en Paquistán e a compañía está gobernada polo Banco Estatal do Paquistán.[1]

Historia

A Casa da Moeda de Paquistán entrou en funcionamento en 1942 e dos seus talleres saíron as moedas do sistema da rupia paquistaní en circulación.[2][3]

Moeda divisionaria de 5 paise, cuñada na Casa da Moeda de Paquistán, en Lahore.[4]

Os obxectos que produce non se limitan ás moedas e os billetes de Paquistán, senón que tamén se estende ás medallas oficiais, as condecoracións militares e os selos de correos do país. Así mesmo, a compañía encárgase de refinar o ouro e convertelo en barras de cinco quilogramos para o Banco Estatal de Paquistán.[2][5]

En 2010, o Goberno paquistaní comezou a planificar a modernización e a mellora da Casa da Moeda. Estes plans incluíron a cualificación dos seus traballadores e a substitución da súa maquinaria para aumentar a súa produtividade, así como a calidade dos seus produtos.[2][5][6]

Notas

  1. "Pakistan Mint Lahore, Ministry of Finance". Open testing Service.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Request For Proposals: Pakistan Mint Modernization". Lahore.nelaam.com
  3. Procura: "Pakistan Mint". Colnect.com
  4. "5 paise. Pakistan 1964". Colnect.com
  5. 5,0 5,1 "Pakistan Mint to be modernised". En The Express Tribune. 16 de xaneiro de 2011.
  6. "Final evaluation of tender on feasibility study for modernization and restructuring of Pakistan Mint, Lahore Arquivado 01 de marzo de 2022 en Wayback Machine.". Government of Pakistan, Finance Division.

Véxase tamén

Outros artigos