CARTA GEOMETRICA D E
Galicia
[...] Levantada y construida en la escala de cienmilesimo POR EL DOCTOR D. DOMINGO FONTAN,
[...]
AÑO DE 1834
CARTA GEOMETRICA D E G A L I C I A
Dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra; y subdividida en Partidos y Ayuntamientos: PRESENTADA
EN 1834
[...]
LEVANTADA Y CONSTRUIDA EN LA ESCALA DEL CIENMILESIMO
POR EL DR. D. DOMINGO FONTAN,
[...]
Grabada bajo la dirección del Autor en 1845
A Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias…, coñecida popularmente como Carta xeométrica de Galicia, é un mapa físico de Galicia, obra de Domingo Fontán, que cobra especial relevancia por ser o primeiro da historia do país realizado con medicións matemáticas.
Elaboración
Animado por José Rodríguez González, Domingo Fontán investiu na carta dezasete anos da súa vida, entre 1817 e 1834. Esta obra foi o primeiro mapa topográfico e trigonométrico feito en calquera dos territorios de España con métodos científicos e medicións matemáticas, é dicir, medición de bases, triangulación, altimetría barométrica e outros.
Para cartografar Galicia aproveitou os avances científicos, chegados sobre todo de Francia, e estableceu unha rede xeodésica, establecendo diversos puntos de medición e realizando neles todo tipo de cálculos astronómicos, para o que empregou instrumentos cedidos pola Universidade de Santiago de Compostela e adquiridos en París e Londres.
Datos e metodoloxía
Tomou como punto cero a torre da Berenguela, na catedral compostelá. En 1817 iniciou os traballos da carta, realizada a unha escala 1:100 000, pero ata 1830 non obtivo o apoio oficial para redactala. Nese momento quedou exento de impartir clases na Universidade de Santiago. Para realizar esta carta tivo que percorrer a pé e de a cabalo toda Galicia. Nela aparecen localizadas as 4 000 igrexas das parroquias galegas, que até daquela non foran catalogadas[1]. Amais recóllense tódolos accidentes xeográficos importantes, acadando un nivel de detalle que non foi superado ata a aparición da cartografía por satélite.
Impresión
En 1834 rematou os traballos da carta e presentoulla á raíña María Cristina, que deu orde de imprimila. Non obstante, ata 1845 non foi posible a súa impresión no prelo, que ao cabo se houbo de realizar en París, baixo a dirección do propio Fontán, e a cargo do francés L. Boufard. O gravado fíxose en doce pedras calcarias, unha por cada folla. En conxunto o mapa mide 251 × 232 cm.
En 1849 ía levarse a cabo unha segunda tirada, de 550 exemplares, que custeou o propio Fontán. Porén, o Secretario do Ministerio do Interior, Vicente Vázquez Queipo, ordenou en novembro dese ano a anulación da segunda tirada, ao entender que Fontán incumprira o contrato ao non dar a coñecer o traballo de triangulación. Ordenouse que as pedras se depositasen na Embaixada de España en París. Fontán foi a Madrid para solucionar o problema, e en marzo de 1850 Ramón de la Sagra remitiu desde París 200 exemplares, incluíndo un impreso en rústica coas instrucións para o encadernado. Esas 200 copias chegaron á Coruña en xuño de 1850, e en decembro chegaron outros 300 exemplares. Porén, o goberno acaparou case por completo os 1 100 exemplares que se chegaron a estampar, se ben Domingo Fontán enviara desde París por Bordeos varias copias para agasallar a amizades[2].
para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val que ten un río de prata, unhas casas que fumegan, un campanario lanzal e un cemiterio onde dormen os seus avós. Alí abriron os ollo e alí queren morrer. Para estes a Terra é unha nación pequena en extensión, pero fonda en patriotismo. Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán. Alí hai unha inmensidade de vales, con aldeas, vilas e cidades. Alí viven do traballo, sufrindo inxustizas, máis de dous millóns de labregos e mariñeiros. Para estes a Terra ñe unha nación asoballada, con dereito a reclamar garantías para o desenrolo normal da súa vida.
↑"O mapa de Fontán permanecerá dous anos máis no Instituto Lucus Augusti cedido pola Deputación" "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016., Deputación de Lugo, 12/1/2012.