Carrero Bianco |
---|
Orixe | Ferrol, Galicia |
---|
Período | 2009-presente |
---|
Xénero(s) | electropop |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Ferror Records |
---|
Membros | Carlota Barro Joaquín Bianco Agostinho Bianco Tony |
---|
Antigos membros | Rocío Bianco Blas Bianco |
---|
Na rede |
---|
Bandcamp |
Carrero Bianco é unha banda galega de electropop fundada no ano 2009 en Ferrol. Ata a data leva publicados tres álbums e un EP.
Historia
A banda nace no ano 2009 en Ferrol formada por Rocío Bianco, Blas Bianco (membro de Triángulo de Amor Bizarro nos seus prmeiros tempos), Joaquín Bianco e Agostinho Bianco. O seu primeiro concerto foi no mes de setembro na Festa das Meninas de Canido.[1] En menos dun ano Carrero Bianco chegaría a tocar no Festival do Norte e no Vigo Transforma.[1]
O 10 de outubro de 2010 Carrero Bianco autoedita o seu álbum de estrea, Oferta de Lanzamiento, formado por oito temas e dúas remesturas, unha delas realizada por Projecto Mourente.[2]
En 2011 a batería Rocío Bianco e o baixista Blas Bianco deixan a banda e son substituídos por Tony (bases e sintetizadores) e Carlota Barro (batería electrónica).[1] Coa nova formación en xaneiro de 2012 publicaron o EP de seis temas Blister.[3]
No ano 2012 a banda colabora co tema "Horse Cum" no recompilatorio Galician Bizarre II.[4] O día 10 de setembro de 2013 Carrero Bianco autoedita o seu segundo álbum, Horror! Horror!, gravado en La Casa Bianco (Canido, Ferrol).[1][5]
En 2016 o grupo publicou a través do selo ferrolán Ferror Records o seu terceiro álbum, Ejército Celeste.[6] No ano 2017 o selo reedita Horror! Horror! nunha edición limitada en CD.[1]
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas