O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe[1]Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.
Descrición
É unha arboriña miúda ou mediana que adoita acadar os 15–25 m, raramente 30 m, cun toro torto. A casca é grosa, averdada cinsenta, aínda que nos vellos (véxase na foto): aseméllase á da faia, mais ten a miúdo costelas. Os gomos, a diferenza dos Fagus, non teñen máis dun cm de lonxitude, e presionados cara ás ás. As follas son alternas, de 4–9 cm longo, con prominentes veas dando un engurrado distintivo, e marxes serrados; aseméllanse ás do umeiro mediterráneo (Ulmus minor), mais son simétricas (véxase na foto). As xemas son alternas e afusadas (véxase na foto), porén menos cás da faia. As flores aparecen en candeas aló polo mes de maio trala saída das follas. O froito é unha pequena e longa noz de 7–8 mm lonxitude, parcialmente envolta por trifoliolos, o invólucro de 3–4 cm lonxitude; madura polo outono. As sementes frecuentemente non xermolan até a primavera do segundo ano logo da sementeira. É un prolífico sementeiro e ten unha vizosa rexeneración natural.
A madeira é mesta e dura, empregada para trebellos e material de construción.
Ecoloxía
Gosta dos terreos sombrizos, e prefire moderada fertilidade do solo e de humidade. Ten un sistema radicular escaso en profundidade mais moi espallado superficialmente, e produce moitos fillos cando se talla baixo. Ten unha follaxe mesta.
Hai un número de notábeis bosques onde esta especie é a dominante:
Úsanse especialmente as follas e a casca. Apáñase en agosto. Decocción de casca(expectorante): 10-15 g. por cunca.
Outros usos: Ornamental. A madeira, branca e mesta, tense usado para a fabricación de pasta de papel, pezas de pianos, parqués, tacos de billar etc.[2]
↑Nome vulgar preferido en galego Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002