Carolina Cerezuela Gil, nada en Elx (Alacant) o 14 de xaneiro de 1980, é unha actriz e presentadora española.
Traxectoria
En 2001 gañou o premio de beleza Linda de España. Estudou Relacións Laborais na Universidade Miguel Hernández de Elx (Alacant). A súa carreira interpretativa comezou no teatro aos 15 anos, e a pesar de non estudar nunca arte dramática, aos 20 anos empezou a traballar en televisión.
A pesar de todas as súas actuacións, foi o seu papel como Mónica Salazar na serie Camera Café onde realmente se deu a coñecer entre o gran público.
Realizou distintos traballos no mundo da moda, tanto como modelo de pasarela para deseñadores como Paco Teruel, como de modelo fotográfica para catálogos ou anuncios publicitarios. As súas afeccións favoritas son o deporte (especialmente a hípica e a natación) e a música.
Actriz
Teatro
Televisión
Vida persoal
A súa parella é o tenista Carlos Moyá co que iniciou unha relación a mediados de 2007 e con quen ten dous fillos, Carla, que naceu en Palma o 18 de agosto de 2010 ás 9.20 horas e cuxo peso foi de 2.860 gramos; e Carlos.
Véxase tamén
Ligazóns externas