Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carme.
Carme
Descubrimento
|
Descuberta por
|
S. B. Nicholson
|
Descuberta o
|
30 de xullo de 1938[1]
|
Designación alternativa
|
Xúpiter XI
|
Características orbitais
|
Raio orbital medio
|
23,4 millóns de quilómetros[2]
|
Excentricidade
|
0,25[2]
|
Período orbital
|
702,28 d (2,045 a)[2]
|
Inclinación
|
164,91° (respecto da eclíptica) 167,53° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2]
|
Velocidade orbital
|
2,253 km/s
|
Satélite de
|
Xúpiter
|
Características físicas
|
Raio medio
|
~23 km[3]
|
Área superficial
|
~6.600 km²
|
Volume
|
~51.000 km3
|
Masa
|
1,3 x 1017kg
|
Densidade media
|
2,6 g/cm3 asumida[3]
|
Gravidade superficial
|
~0,017 m/s2 (0,0017 g)
|
Velocidade de escape
|
~0,028 km/s
|
Albedo
|
0,04[3]
|
Temperatura
|
~124 K
|
Carme (ou en grego Κάρμη) é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta o 30 de xullo de 1938 por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson, California.[1] Recibiría o nome da Carme mitolóxica, nai (xunto con Zeus) da deusa cretense Britomartis.
Carme non recibiría o seu nome oficial ata 1975,[4] antes disto era coñecida sinxelamente coma Xúpiter XI. Foi chamada ás veces "Pan"[5] entre os anos 1955 a 1975 (Pan é actualmente o nome dunha das lúas de Saturno).
Esta lúa dálle o seu nome a un grupo de satélites, o grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de quilómetros, con inclinacións duns 165°. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[2] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Carme.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Nicholson, S. B. (1938). "Two New Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 50: pp.292–293. doi:10.1086/124963.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The Orbits of Outer Jovian Satellites". Astronomical Journal 120: pp.2679–2686. doi:10.1086/316817.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008.
- ↑ IAUC 2846: Satellites of Jupiter 1974 October 7 (bautizando a lúa)
- ↑ Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas