Carlos Valdés García, nado en Madrid en 1974, é un filólogo, ilustrador e tradutor, residente en Galicia. É cofundador canda Celia Recarey da editorial Irmás Cartoné[1].
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid.
É responsable da tradución ao galego de obras de Nella Larsen, Nathanael West ou H. G. Wells.
É un dos membros responsables da Mesa do Libro de Compostela, coorganizadora da Semana do Libro de Compostela[2].
Obra
Traducións ao galego
- O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-3-2 (traducido xunto con Celia Recarey)
- Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-4-9 (traducido xunto con Celia Recarey)
- O día da lagosta, de Nathanael West, 2016, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-9-4.
- Pasar, de Nella Larsen, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-8494541179.
- O conto da criada, de Margaret Atwood, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-3-9 (traducido xunto con Celia Recarey)
- O Grande Hotel Babylon, Arnold Bennett, 2022, Irmás Cartoné (traducida xunto con Celia Recarey)
- Winesburg, Ohio, Sherwood Anderson, 2024, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-126247-9-3
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas