Carlos Francisco de Croix, nado en Lille en 1699 e finado en Valencia en 1786[1], marqués de Croix, foi un militar e político ao servizo do Reino de España.
Traxectoria
Serviu aos reis Filipe V, Fernando VI e Carlos III.[2] Chegou a ostentar os cargos de Capitán Xeneral de Andalucía,[2] Capitán Xeneral de Galicia (xuño de 1756 - setembro de 1766),[3] vicerrei de Nova España (25 de agosto de 1766 - 22 de setembro de 1771)[2][4] e, finalmente, Capitán Xeneral de Valencia entre 1777 e 1786.[5]
En Galicia dedicou boa parte dos seus esforzos a obras públicas e a mellora das infraestruturas, en particular da rede viaria.[6] En Nova España tocoulle superar segundo algúns historiadores unha das etapas «máis convulsas» do vicerreinado ao longo do século XVIII,[7] nunha época de clara decadencia económica,[8] aínda que a súa actuación como administrador foi ben considerada.[9] Durante o seu mandato en México ocupouse da expulsión dos xesuítas[10] –de forma expeditiva e sen moitas contemplacións, segundo algúns autores–,[11] combater tribos indias sublevadas en Sonora e Sinaloa,[12] así como de impulsar as obras do desaugadoiro de Huehuetoca.[13] Volvería a España pobre e con débedas.[14] A súa herdeira foi Fernanda de Croix e Vergel[15]
Mariño Bobillo, María Consuelo (2012). Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, ed. Un capitán para un pueblo: El marqués de Croix, Capitán General de Galicia y Virrey de Méjico. Nalgures8. pp. 115–223. ISSN1885-6349.