C. cheriway ten unha lonxitude de 49-58 cm, unha envergadura de 120 cm, e pesa 1050-1300 g.[8] Ten unha cola longa, e ás anchas. As súas patas son longas, e camiña e corre a miúdo no chan. Os adultos teñen o corpo, as ás, a crista e a coroa de cor negra. Teñen manchas brancas no pescozo, rabadilla e as ás. A cola é de cor branca con negro e unha franxa terminal. O peito é de cor branca, finamente barrado con negro. O peteiro é groso, de cor agrisada, e as patas son de cor amarela. A cera e a pel da faciana son de cor amarela escura a laranxa-vermella, dependendo da idade e o estado de ánimo.
Non hai dimorfismo entre os sexos, pero as aves inmaturas son de cor marrón, co peito pálido con manchas de cor café, pernas de cor branca agrisada, e a cera e a pel da faciana é agrisada ou rosada-púrpura opaca.
↑Dove, Carla J.; Banks, Richard C (1999). "A Taxonomic Study of Crested Caracaras (Falconidae)"(PDF). The Wilson Journal of Ornithology - The Wilson Bulletin (Wilson Ornithological Society) 111 (3): 330–339. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 02 de marzo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018.