O Capital One Arena é un pavillón multideportivo e unha zona de entretemento situado en Washington, D.C., Estados Unidos. O seu nome provén do seu principal patrocinador, a empresa de bancos Capital One. Dende a súa inauguración en 1997 até 2006 denominouselle MCI Center, outra empresa de telefonía que foi adquirida pola anterior. Popularmente chámaselle tamén a Cabina de teléfonos, pola súa relación có mundo da telefonía Verizon de 2006 a 2017.
Historia
O pavillón abriu as súas portas o 2 de decembro de 1997, na zona do Chinatown da capital estadounidense. Veu eemplazar ao US Air Arena, que se atopaba nas aforas da cidade. O Capital One Arena foi o catalizador da xentrificación do barrio chinés capitalino, o que forzou a moitos pequenos comercios chineses a pechar as súas portas, algo que provocou fortes polémicas entre a poboación oriental da capital.
Capacidade
A capacidade total do Capital One Arena é de 20.173 espectadores para partidos de baloncesto, que se reduce a 18.277 cando se utiliza como pista de Hóckey sobre xeo ou para partidos de lacrosse.
Equipos
O pavillón é compartido polos seguintes equipos:
Eventos
Ao longo da súa curta historia albergou numerosos eventos, algúns sen relación co deporte, como o circo Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus ou infinidade de concertos. No deportivo, o máis salientable é:
- World Championship Wrestling (WCW), 1997-2000
- Torneo de baloncesto da NCAA, primeira e segunda rolda, 1998, 2002 e 2008
- Torneo de baloncesto da NCAA, finais rexionais, 2006
- World Wrestling Entertainment (WWE), 2000, 2005, 2007
- NBA All-Star Game, 2001
- WNBA All-Star Game, 2002 e 2007
- Campionato do Mundo de Patinaxe, 2003
- Torneo de baloncesto masculino da Atlantic Coast Conference (ACC) , 2005
Galería