O capibara[1] (Hydrochoerus hydrochaeris) é o meirande roedor vivente do mundo.[2] Está relacionado co Dasyprocta leporina, a chinchilla, o Myocastor coypus e as cobaias.[3] As únicas outras especies de capibaras son os capibaras menores. Hai capibaras brancos tamén coñecidos como capibaras albinos[4] que son capibaras mutados xeneticamente e son baixos en melanina. Os capibaras son orixinarios de América do Sur e atópanse principalmente preto de masas de auga. O seu nome común, que provén do tupí ka'apiûara, significa «come-herba» (ou, literalmente, «aquel que come follas finas)»,[5] mentres que o seu nome científico, hydrochaeris, deriva dos étimos gregos ὕδωρ, «auga» e χοίρος, «porco». Os capibaras son animais moi sociais e gústalles estar en grupos de ata 100 individuos.
Descrición
Os capibaras teñen o corpo en forma de bocoi e unha testa pequena coa pelaxe marrón avermellada na parte superior do corpo que se converte en marrón amarelado na parte inferior. Poden medrar até os 130 centímetros de longo e pesar até 65 quilogramos. As femias son lixeiramente máis pesadas que os machos. O peso máximo rexistrado é de 91 kg (201 lb) para unha femia salvaxe de capibara do Brasil. O peso máximo rexistrado dun capibara macho salvaxe é de 73,5 kg (162 lb) procedente do Uruguai. Os capibaras carecen de cola e teñen vinte dentes. As súas patas posteriores son lixeiramente máis longas que as anteriores e o fociño é romo, cos ollos, o nariz e as orellas na parte superior da testa. Os capibaras son animais semiacuáticos e excelentes nadadores, teñen os pés palmados que lles axudan a nadar.[3]
Dieta
Os capibaras son herbívoros e a súa dieta principal consiste en herbas, plantas acuáticas, froitos e casca de árbores. Comen principalmente de herba durante a estación húmida xa que son comedores selectivos pero teñen que cambiar a outras plantas durante a estación seca para satisfacer as súas nutricións.[6]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Mones, Álvaro; Ojasti, Juhani (16-06-1986). "Hydrochoerus hydrochaeris". Mammalian Species (264): 1–7. ISSN 0076-3519. doi:10.2307/3503784.
- Nowak, Ronald M. (1999) Walker's mammals of the world. 6a edició. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-5789-9
- Wilson, D. E.; Reeder, D. M. (2005). Mammal Species of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4