Candid Camera foi un programa estadounidense de cámara oculta creado por Allen Funt, que tivo a súa orixe nun programa de radio Candid Microphone realizado polo propio Funt e que comezou a emitirse o 28 de xuño de 1947, pasando á televisión o 10 de agosto de 1948.
Desenvolvemento
A premisa do programa é amosar as respostas de xente corrente ou famosa a situacións infrecuentes creadas artificialmente que se gravan ás agachadas creándose situacións cómicas, o momento da revelación da broma sinálase cun retrouso: "Smile, you're on Candid Camera." (Sorría, está en "Candid Camera"). Ata 1992 presentouno e produciuno Funt, o seu fillo Peter Funt que desde 1987 presentara os especiais co seu pai foi o produtor desde aquela. O programa foi o precursor doutros moitos do mesmo formato Punk'd, Girls Behaving Badly, Just For Laughs Gags, The Jamie Kennedy Experiment, Boiling Points, Trigger Happy TV ou Howie Do It, e tamén está considerado o que podería ser o primeiro programa[1] de telerealidade.
Notas