O Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo é unha instalación dedicada á práctica do fútbol situada na vila de Negreira. Nel xoga os seus partidos como local a Sociedad Deportiva Negreira e o seu propietario é o Concello de Negreira.
Conta cun terreo de xogo de herba natural de 106 × 65 metros e bancadas cubertas[1], a súa capacidade total é de 2.000 persoas[2]. Leva o nome de Jesús García Calvo en homenaxe ao fundador e expresidente da cooperativa leiteira Feiraco, con sede no Concello.
Notas
- ↑ "Concello de Negreira - Ayuntamiento". www.concellodenegreira.es. Consultado o 2016-04-11.
- ↑ "Campo de Fútbol Municipal Jesús García Calvo - Negreira". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2016-04-11.