A XII edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na cidade de Porto (Portugal) entre o 26 de maio e o 2 de xuño de 1956. Foi a derradeira dunha serie de 10 edicións nas que o torneo se disputou anualmente (1947-1956), pasando despois a disputarse ininterrompidamente cada dous anos entre 1958 e 1988. Nesta edición da competición participaron un total de 11 seleccións e xogáronse un total de 55 partidos nos que se anotaron 247 goles, o que supón unha media de 4,49 goles por partido.
Sistema de competición
Esta edición do campionato disputouse baixo o formato de liguiña, na que tódolos equipos xogaron unha vez contra o resto dos equipos. Ao final da liguiña, o primeiro clasificado se fixo co título, sendo este para a selección local, Portugal, mentres que a prata foi para a selección de España e o bronce para a de Italia.
Equipos participantes
Das 11 seleccións que participaron nesta edición, 10 foron de Europa e 1 de América.
Torneo
Clasificación
Resultados
Clasificación final
Véxase tamén
Ligazóns externas