O Campionato de Asia de hóckey a patíns masculino é unha competición de seleccións de hóckey a patíns do continente asiático que sedesputa cada dous anos. Está organizado pola CARS (Confederation of Asia Roller Sports). O último campionato tivo lugar no 2010 na cidade de Dalian (República Popular da China) e o campión foi a selección de Macau.