Camilo Rodríguez Vidal, coñecido no eido da arte como Camilo Seira,[1] nado o 8 de decembro de 1974 en Seira (Rois),[2] é un escultor, entallador e pintor galego.
Traxectoria
Entre os anos 1993 e 1994 empezou como aprendiz e axudante no taller do escultor compostelán Fernando García Blanco, discípulo de Francisco Asorey.[3]
Graduouse en Artes Aplicadas, na especialidade de Técnicas de Volume, na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela.[4] Licenciouse en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Entre os anos 2004 e 2006 exerceu como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio.[5]
Ten paixón e unha especial sensibilidade pola natureza e os animais, este sentimento aparece plasmado de forma patente na súa obra.[1][3][6][7]
Ten diversos monumentos distribuídos por Galicia.[6]
Na cultura popular
O grupo de música tradicional galega Aquí e Alá dedicoulle a canción A festa do burato, incluída no seu álbum "Imos á romaría".[8]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas