Cafeeira

  • Este artigo trata sobre a planta do café, cómpre non confundir co trebello de cociña, a cafeteira.
Cafeeira (xénero Coffea)

Coffea arabica en Köhler's Medicinal Plants, 1887.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Gentianales
Familia: Rubiaceae
Subfamilia: Ixoroideae
Tribo: Coffeeae
Xénero: Coffea
L., 1753,Sp. Pl., 1, p. 172, 1753[1] e Genera Plantarum, ed. 5, 209, p. 80 1754[2]
Especies
Sinonimia
Plantación de café-arábica en São João do Manhuaçu, en Minas Gerais, no Brasil.
Coffea arabica en floración.

A cafeeira[3] é calquera arbusto do xénero Coffea L., na familia Rubiaceae e da cal se coñecen 103 especies[4]. Destas, apáñanse as sementes, coas cales se prepara a bebida estimulante coñecida como café. A cafeeira é largamente cultivada en países tropicais, tanto para consumo propio como para exportación a países de clima temperado. O Brasil é o maior produtor e exportador mundial de café, seguido polo Vietnam e Colombia. A planta tamén se coñece co nome de café.

Descrición

Planta de lonxevidade perenne, de hábitat terrestre, que pode medir de 2 a 5 metros na fase adulto. Con sistema radicular abrancazado en forma cónica, onde 80 por cento das raíces prevalecen nos primeiros 20 centímetros de profundidade, nas chamadas raíces da placa superficial. Talo leñoso tipo tronco de cor verde na fase xuvenil e marrón cando adulto; con desenvolvemento esóxeno e dirección erecta.

Follas persistentes, coa presenza de domacias nas xuncións entre a nervura principal e as secundarias. Prefoliación característica valvar e posición caulinar. Filotaxia oposta e nervación perinérvea, constitución peciolada. As follas presentan constitución simple e limbo de forma elíptica, base acuminada, ápice arestada e marxe ondulada. O seu tamaño pode variar de 90 a 180 milímetros na fase adulta. A súa superficie é sen pelos (glabra), con brillo acentuado na face adaxial e fusca na face abaxial; cerca de 200 estomas por milímetro cadrado, con consistencia coriácea e presenza de estípulas persistentes.

A súa inflorescencia é de posición axial e as flores, en forma de glomérulos. Posúe simetría, sendo actinomorfa, é unha flor perfecta e hermafrodita; diclamídea, medindo de 1 a 2 centímetros. A súa inserción é epíxina, con corola tubular e forma da marxe enteira. A cor do cáliz é verde e da corola branca. A prefloración é imbricada de actitude infletida.

Estames en número 5 e alternos de inserción epipétalos. Coesión poliadelfos e construción homodínamo. Filete en forma filiforme e antera extorsa. Deiscencia dos estames lonxitudinal. Soamente un pistilo de construción aberta e cohesión simple; estilete de lonxevidade persistente e inserción terminal.

Estigma tamén terminal. Ovario con dous lóculos, de inserción ínfera, placentación axial. Froito con dúas loxas e indehiscente, froito tipo drupa con dúas sementes. O seu principal principio activo é a cafeína.

Ecoloxía

A cafeeira ten de entre os seus inimigos naturais pragas como a bolboreta do café (Leucoptera coffeella), cuxas larvas atacan as súas follas, causando grande estrago.

Sinonimia do xénero

Especies

Plantación de Coffea arabica en Arandu, en São Paulo, no Brasil

A especie Coffea arabica é coñecida por "café arábico". É un arbusto de follas persistentes, no que as follas son opostas, elípticas, acuminadas enteiras por veces onduladas, glabras e con estípulas pequenas persistentes. As flores son bracteadas e dispostas en fascículos auxiliares de catro. A corola é tubulosa-asalveada, branca ou lixeiramente rosada. Os estames son en número de cinco. O ovario é ínfero, o froito é unha pseudodrupa con cerca dun centímetro e medio de longo, de cor vermella ou amarela, tornándose coa maduración castaño-anegrado, en xeral con dúas sementes. No café moca, o froito só ten unha semente cunha fenda lonxitudinal profunda.

A especie Coffea canephora, coñecida como "café robusta" ou "conilon", difere da especie anterior por ser un arbusto ou pequena árbore, xeralmente multicaule, con follas marcadamente elípticas, onduladas máis ou menos atenuadas nas extremidades. As flores agrúpanse en fascículos de seis, desenvolvéndose en xeral dúas ou catro. O limbo da corola preséntase con cinco a sete lobos. Os estames son isómeros. O froito mide cerca de doce milímetros de longo e é vermello. Esta espécie é espontánea desde a África Occidental até Uganda.

A especie Coffea liberica, coñecida por "café libérica", é un arbusto ou pequena árbore, de follas coriáceas, grandes, elíptico-oblongadas ou elíptico-ovadas. As flores agrúpanse en fascículos dunha a catro flores. O limbo da corola ten de seis a nove lobos. Os estames son isómeros. O froito ten unha longura comprendida entre os dous e tres centímetros. A especie é orixinaria da África tropical.

A especie Coffea racemosa, coñecida por "café racemosa" ou" café de inhambane", distínguese por ser un arbusto ou pequena árbore moi ramosa. As follas son ovado-lanceoladas, caducas ou marceronsas. As flores axilares son solitarias. O limbo da corola posúe seis ou nove segmentos. Os estames son isómeros. O froito subglaboso é vermello. As sementes son máis pequenas e moi desiguais. É orixinaria da África oriental.[5]

Historia

Considérase que a cafeeira é orixinaria de Etiopía[6], onde aínda hoxe ocorre in natura[7]. A partir do século VI, a planta do café comezou a ser cultivada no Iemen, onde os seus froitos eran consumidos in natura. A partir do século XVI, na rexión do actual Irán, os grans de café comezaron a ser torrados, dando orixe á actual bebida do café. No século XVII, os neerlandeses comezaron a plantar mudas de café en Ámsterdan e en Xava. De aí, o cultivo de café espallouse polas colonias europeas a redor do mundo.

Clasificación do xénero

Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Pentandria, orde Monogynia Species plantarum (1753)

Notas

  1. [1]
  2. [2]
  3. Nome vulgar galego no dicionario da Real Academia Galega a través do Portal das Palabras - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=318176&sinom=0 Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Sobre as especies de café" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xaneiro de 2007. Consultado o 03 de xaneiro de 2007. 
  5. Lista completa de especies
  6. BUENO, E. Brasil: uma história. Segunda edición revista. São Paulo. Ática. 2003. p. 197.
  7. http://www.cafedecolombia.com/particulares/es/sobre el cafe/el cafe/el cafe/ Historia del café

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas