A cadaverina (NH2(CH2)5NH2) é unha poliamina do grupo das diaminas producida pola descarboxilación do aminoácidolisina[1] catalizada polo encima lisina descarboxilase (LDC). A cadaverina tamén se chama 1,5-pentanodiamina e pentametilenodiamina. É unha diamina tóxica [2] e fedorenta semellante á putrescina. Ambas as dúas orixínanse durante a putrefacción dos tecidos animais, na que interveñen bacterias saprófitas, pero a cadaverina non se asocia unicamente á putrefacción, xa que os seres vivos tamén a producen en pequenas cantidades e é parcialmente responsable do cheiro caracterísitco dos ouriños e do seme.
↑Lewis Robert Alan (1998). CRC Press, ed. Lewis' Dictionary of Toxicology. p. 212. ISBN1566702232.
↑Ludwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 43.
↑Ludwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 39. Na páxina 39 lese: Chameille á nova diamina, C5H16N2, "cadaverina", xa que, á parte da súa composición empírica, que facía que esta nova base parecese superficialmente un hidrido de neuridina, non había indicios que xustificasen que o fose.