Constituído primordialmente por rocha calcaria a súa orografía é agreste, formando unha costa abrupta de forte pendente na que abrollan calas con covas e illotes, como a coñecida cova dels Orguens ou a illa do Descubridor.
No alto do cabo, a uns 120 metros sobre o nivel do mar, sitúase un faro que constitúe unha importante axuda para a navegación.