Cabo Frio ten como principal actividade económica o turismo polas súas praias de augas quentes. Unha das máis coñecidas é a praia do Forte, urbanizada e próxima ó centro da cidade, que recibe ese nome debido ó Forte de São Matheus, construído polos portugueses en 1620 para protexer a rexión do ataque dos piratas. Pequenos paseos en barco para os turistas, a pesca e os mergullos para coñecer as belezas do seu mar son outros dos seus atractivos.
O seu comercio atende os seus moradores (máis de 150 mil persoas) e de cidades veciñas (Arraial do Cabo, Búzios, São Pedro da Aldeia) e tamén os turistas. Para estes últimos, destaca o comercio de roupas de baño, fabricadas na rexión por pequenos obradoiros de confeccións familiares. Tamén hai algún comercio de artesanías para os turistas.