O C (ce) é a terceira letra do alfabeto galego. Representa o fonema /θ/, fricativo interdental xordo, antes de e e i (fonema /s/ en zonas con seseo), ou o fonema /k/, oclusivo velar xordo, antes de a, o e u.
O ce cedillado (Ç) non forma parte do galego normativo actual, empregándose só en estranxeirismos. O galego reintegracionista, porén, si o usa.
Usos
En química, C é a abreviatura do elemento químico carbono.
A vitamina C adoita designar o ácido ascórbico.
A linguaxe de programación C para computadoras.
En física, c é unha constante que representa a velocidade da luz no baleiro.
En bioquímica é a abreviatura da citosina, unha base dos ácidos nucleicos (ADN ou ARN).
En lingüística, c é abreviatura da expresión latina circa.
Véxase tamén
Outros artigos