César Luis Menotti, alcumado "El Flaco", nado en Rosario, Provincia de Santa Fe, o 22 de outubro de 1938 e finado o 5 de maio de 2024,[1][2] foi un futbolista e adestrador arxentino.
Traxectoria
Xogaba de dianteiro ou centrocampista. O seu primeiro equipo foi Rosario Central. Como director técnico alcanzou o cumio da súa carreira no Mundial de Fútbol Arxentina 1978, cando levou a selección de fútbol da Arxentina a gañar por vez primeira o Mundial de Fútbol, derrotando na final á selección de fútbol dos Países Baixos.
Notas