Células MDCK

Colonias típicas formadas por células MDCK cultivadas no típico formato bidimensional sobre plástico. As células crecen formando colonias tan apertadas grazas ás súas unións intercelulares, unha característica das células de orixe epitelial.

As células MDCK (do inglés Madin-Darby Canine Kidney ou células de ril canino Madin-Darby) son unha liña celular modelo de mamífero usada en investigación biomédica. As células MDCK son utilizadas para unha ampla variedade de estudos de bioloxía celular, como os de polaridade celular, adhesións célula-célula (denominadas unións adherentes), mobilidade celular colectiva, e respostas a factores de crecemento. É un dos poucos modelos de cultivo celular que é axeitado para o cultivo celular en 3D e os rearranxos celulares coñecidos como morfoxénese ramificante.[1]

Historia

Despois do seu illamento inicial en 1958 a partir de células epiteliais de túbulo renal dun can Cocker Spaniel feita por S. H. Madin e N. B. Darby,[2] a liña celular que leva os seus nomes foi empregada principalmente como modelo de infección viral de células de mamífero.[3][4] De feito, eles elixiran illar as células de túbulo renal tendo en mente precisamente que se usarían para ese obxectivo, xa que previamente tiveran éxito estudando a infección viral de células derivadas de túbulos renais doutros mamíferos.[5] Así, o propósito inicial para illar e cultivar células deste tecido non era xerar un novo sistema modelo para estudar a bioloxía das células epiteliais. Houbo que agardar ao ano 1970 ata que un laboratorio, o de Zbynek Brada, publicou un traballo describindo as células MDCK como unha liña celular representativa que levaba as características distintivas das células epiteliais de túbulo renal.[6] Esta conclusión estaba baseada nas actividades de transporte de fluídos de monocapas formadas por células MDCK, a presenza de microvilosidades na súa superficie apical, e a súa capacidade de autoorganizarse en esferas ocas cando crecen tridimensionalmente. No seu informe, os autores especularon con que a "expresión histiotípica" pola cal as células MDCK formaron estruturas que lembraban o seu tecido de orixe podería ser aplicada frutuosamente ao estudo doutros tecidos. As décadas seguintes probaron que así era, aínda que o repertorio para estudar a organización e comportamento de células nos tecidos se ampliou considerablemente.[7]

Durante a década de 1970, atopáronse novos usos para a liña celular MDCK como modelo de tecido epiteliail de mamífero. En 1982 Mina Bissell e colegas mostraron que as monocapas MDCK respondían á adición dun revestimento de coláxeno (denominado "cultivo en sandwich") proliferando e formando túbulos ocos.[8] Isto deu a entender por primeira vez que a liña celular respondería a ambientes en 3D autoorganizando unha estrutura 3D apropiada que lembrase a dos túbulos renais. Nos anos que seguiron, demostrouse que o cultivo de células MDCK incrustadas completamente en coláxeno orixinaba esferas ocas ou acinos.[9] Estas eran simples monocapas epiteliais cunhas partes definidas exterior e interior. Porén, o feito de que as células MDCK non formasen túbulos nesas condicións seguiu sen ter explicación ata máis tarde.

Durante o mesmo período na década de 1980, os biólogos que estudaron a motilidade celular atopáronse cun comportamento interesante e reproducible das células en cultivo: a resposta de espallamento ou dispersión. As células epiteliais en cultivo crecen normalmente en grupos apertados. Porén, podía inducirse a rotura dos contactos célula-célula e as células facíanse alongadas e móbiles despois da exposición a un "factor de espallamento ou dispersión" que era segregado por células mesenquimáticas como os fibroblastos Swiss 3T3.[10] Isto descrito mellor polo grupo de Julia Gray en 1987.[11] Durante o mesmo período a mediados de 1980, o grupo de Walter Birchmeier informou do uso dun anticorpo monoclonal para distorsionar os contactos célula-célula e alterar o a polaridade anterior-posterior de células en cultivo.[12][13] A diana deste anticorpo foi despois identificada como un compoñente das unións intercelulares, a E-cadherina.[14] Estas observacións dispares finalmente callaron nun paradigma firme para a modalidade celular e polaridade celular. As células epiteliais son tipicamente inmóbiles, pero poden volverse móbiles ao inhibírense as unións intercelulares ou pola adición de factores de crecemento que inducen a dispersión das células.[15] Ambos son reversibles e ambos están implicados na rotura das unións intercelulares.

En 1991, a resposta dos acinos MDCK en cultivos tridimensionais ao factor de espallamento foi primeiramente publicada por Lelio Orci e colegas.[16] Cultivaron acinos de células MDCK en xeles de coláxeno con ou sen fibroblastos Swiss 3T3, en cuxos medios podían intercambiarse pero os tipos celulares non estaban en contacto directo. Esta estratexia de cultivo celular, denominada cocultivo, inducía os acinos MDCK a sufrir unha morfoxénese ramificante, na cal as células se rearranxaban formando unha rede de túbulos interconectados que lembraban o desenvolvemento de moitos tecidos.[17] No mesmo ano, descubriuse que o "factor de espallamento" era unha proteína descrita previamente segregada polos fibroblastos, o factor de crecemento de hepatocitos (HGF).[18] Este traballo resolveu un importante enigma dos cultivos MDCK, xa que o tecido a partir do cal se derivaron estas células é tubular, porén desenvolvéranse previamente só dando lugar a acinos esféricos en cultivos 3D. Ademais deste paradoxo inmediato, creouse unha conexión esencial entre a indución aguda da mobilidade celular en cultivos 2D polo "factor de espallamento" e o seu impacto sobre a organización espacial adoptada en tecidos en 3D. Esta conexión segue sendo significativa como ligazón entre mecanismos definidos con precisión da mobilidade celular en 2D e o complexo rearranxo en 3D, cuxa regulación aínda non se coñece ben.

Morfoxénese ramificante

Morfoxénese ramificante despois de 2 días de células MDCK en resposta ao factor de crecemento de hepatocitos (HGF). As imaxes obtivéronse con microscopio confocal fluorescente e mostran a proteína estrutural actina, que destaca os bordos celulares. Esquerda: esferas ocas multicelulares, denominadas acinos, que creceron nun cultivo 3D. Dereita: despois de 2 días de tratamento con HGF as células formaron moitas ramas.

Nos últimos 20 anos, a comprensión da bioloxía das células MDCK en cultivos 3D avanzou principalmente polos traballos feitos no laboratorio de Keith Mostov. Este grupo centrouse na regulación da polaridade celular e os seus efectos "augas abaixo" sobre a morfoxénese ramificante.[1][19] O traballo xerado polo grupo de Mostov fixo unha síntese exitosa de décadas de coñecemento sobre a segregación espacial de funcións celulares e os seus marcadores moleculares, nun modelo destacable para a xeración e a homeostase da polaridade celular en tecidos.[20][21] En 2003 o grupo de Mostov informou do primeiro informe completo que ligaba a morfoxénese ramificante con marcas distintivas de polaridade apical-basal.[22] Este traballo estableceu que as células MDCK non perden contacto coas veciñas durante o comezo da morfoxénese ramificante, pero que os marcadores canónicos da polaridade celular pérdense transitoriamente. Un resultado deste cambio de polaridade é a reorientación da división celular ao longo de novas ramas de células que crecen, para situar correctamente as células fillas e así continuar a extensión das ramas. A motilidade celular pola cal as células MDCK producen e alongan as ramas estaba ligada con estes cambios de polaridade.

Estes descubrimentos foron integrados nun modelo para a morfoxénese ramificada centrado no rearranxo transitorio da sinalización da polaridade celular. Isto permite que células normalmente inmóbiles xeren protrusións e migren colectivamente, seguido da rediferenciación e formación de túbulos ocos. En apoio deste modelo, Mostov e colegas identificaron os efectos do HGF sobre os acinos MDCK como a provocación dunha transición parcial desde o fenotipo de célula epitelial ao de mesenquimática.[23] Isto dirixe un programa de sinalización establecido denominado a transición epitelial-mesenquimal, polo cal as células epiteliais sésiles fanse móbiles e rompen os contactos célula-célula.[15] A transición epitelial-mesenuimal propúxose como un cadoiro de sinalización transcricional que impulsa a dispersión das células, aínda que inicialmente os investigadores non combinasen os dous.[24][25] Dado que nos acinos en 3D as unións célula-célula non rompen, non está claro como relacionar de forma precisa o concepto de transición epitelial-mesenquimal coa morfoxénese ramificada.

O grupo de Mostov tamén investigou os medios polos cales o HGF activa a mobilidade celular durante a morfoxénese ramificante das MDCK.[26][27] Os seus estudos mostraron que a morfoxénere ramificante require o factor de transcrición Erk, augas abaixo do cadoiro da proteína quinase activada por mitóxeno, unha vía de transdución de sinais ben definida implicada na mobilidade celular e a proliferación.[28] A maquinaria de mobilidade celular responsable da morfoxénese ramificante das MDCK non foi especificado polo grupo de Mostov, á parte da necesidade dunha proteína de sinalización implicada en regular a pequena GTPase Rho.[27] Ademais, o laboratorio de Gardel mostrou que a motilidade invasiva das células MDCK en acinos necesita Dia1, que regula as adhesións celulares a fibrilas de coláxeno individuais.[29]

Mentres tanto, outros grupos demostraron a necesidade de proteínas de adhesión célula-matriz extracelular ou os seus reguladores na morfoxénese ramificante das MDCK.[30][31] Usando un protocolo modificado para cultivos de células MDCK e a morfoxénese ramificante, Gierke e Wittman estableceron a necesidade dunha dinámica de microtúbulos para regular os pasos iniciais na ramificación.[32] Estes investigadores obsevaron un acoplamento adhesivo da célula deficiente á matriz de coláxeno cando os microtúbulos eran desregulados. Este fenotipo indica a importancia do tráfico de adhesións celulares apropiadas e proteínas de protrusión cara á parte frontal da célula a medida que se inicia a morfoxénese ramificante. Este traballo, combinado con observacións do grupo de Mostov, confirmou que a polaridade celular é indispensable para a homeostase acinar das MDCK, así como os comportamentos migratorios durante a morfoxénese ramificante.

Notas

  1. 1,0 1,1 Erin O'Brien, Lucy; Zegers, Mirjam M. P.; Mostov, Keith E. (2002). "Building epithelial architecture: insights from three-dimensional culture models". Nature Reviews Molecular Cell Biology 3: 531–537. doi:10.1038/nrm859. 
  2. "ATCC". ATCC. Consultado o 28 August 2017. 
  3. Lehmann-Grube, Fritz (1963). "A Sensitive Plaque Assay for Influenza Viruses". Virology 21: 520–522. doi:10.1016/0042-6822(63)90219-8. 
  4. Moulton, J.E.; Frazier, L.M. (1961). "Deoxyribonucleic acid and protein changes in dog kidney cells infected with infectious canine hepatitis virus". Virology 15: 91–101. doi:10.1016/0042-6822(61)90226-4. 
  5. Karl Matlin, PhD, comunicación persoal
  6. Leighton, J; Estes, LW; Mansukhani, S; Brada, Z (1970). "A cell line derived from normal dog kidney (MDCK) exhibiting qualities of papillary adenocarcinoma and of renal tubular epithelium". Cancer 26: 1022–8. PMID 4248968. doi:10.1002/1097-0142(197011)26:5<1022::aid-cncr2820260509>3.0.co;2-m. 
  7. Shamir, ER; Ewald, AJ (2014). "Three-dimensional organotypic culture: experimental models of mammalian biology and disease". Nat Rev Mol Cell Biol 15: 647–64. PMC 4352326. PMID 25237826. doi:10.1038/nrm3873. 
  8. Hall, HG; Farson, DA; Bissell, MJ (1982). "Lumen formation by epithelial cell lines in response to collagen overlay: a morphogenetic model in culture". Proc Natl Acad Sci U S A 79: 4672–6. PMC 346738. PMID 6956885. doi:10.1073/pnas.79.15.4672. 
  9. McAteer, James A.; Evan, Andrew P.; Gardner, Kenneth D. (1987). "Morphogenetic clonal growth of kidney epithelial cell line MDCK". The Anatomical Record 217: 229–239. doi:10.1002/ar.1092170303. 
  10. Stoker, M; Perryman, M (1985). "An epithelial scatter factor released by embryo fibroblasts". J Cell Sci 77: 209–23. PMID 3841349. 
  11. Stoker, Michael; Gherardi, Ermanno; Perryman, Marion; Gray, Julia (1987). "Scatter factor is a fibroblast-derived modulator of epithelial cell mobility". Nature 327: 239–242. doi:10.1038/327239a0. 
  12. Behrens, J; Birchmeier, W; Goodman, SL; Imhof, BA (1985). "Dissociation of Madin-Darby canine kidney epithelial cells by the monoclonal antibody anti-arc-1: mechanistic aspects and identification of the antigen as a component related to uvomorulin". J Cell Biol 101: 1307–15. PMC 2113935. PMID 2995405. doi:10.1083/jcb.101.4.1307. 
  13. Imhof, Beat A.; Vollmers, H. Peter; Goodman, Simon L.; Birchmeier, Walter (1983). "Cell-cell interaction and polarity of epithelial cells: specific perturbation using a monoclonal antibody". Cell 35: 667–675. doi:10.1016/0092-8674(83)90099-5. 
  14. Behrens, J; Mareel, MM; Van Roy, FM; Birchmeier, W (1989). "Dissecting tumor cell invasion: epithelial cells acquire invasive properties after the loss of uvomorulin-mediated cell-cell adhesion". J Cell Biol 108: 2435–47. PMC 2115620. PMID 2661563. doi:10.1083/jcb.108.6.2435. 
  15. 15,0 15,1 Paul Thiery, Jean (2009). "Epithelial-mesenchymal transitions in development and disease". Cell 139: 871–890. doi:10.1016/j.cell.2009.11.007. 
  16. Montesano, R.; Schaller, G.; Orci, L. (1991). "Induction of epithelial tubular morphogenesis in vitro by fibroblast-derived soluble factors". Cell 66: 697–711. doi:10.1016/0092-8674(91)90115-F. 
  17. Affolter, Markus; Zeller, Rolf; Caussinus, Emmanuel (2009). "Tissue remodelling through branching morphogenesis". Nature Reviews Molecular Cell Biology 10: 831–842. doi:10.1038/nrm2797. 
  18. Weidner, KM; Arakaki, N; Hartmann, G; Vandekerckhove, J; Weingart, S; Rieder, H; Fonatsch, C; Tsubouchi, H; Hishida, T; Daikuhara, Y (1991). "Evidence for the identity of human scatter factor and human hepatocyte growth factor". Proc Natl Acad Sci U S A 88: 7001–5. PMC 52221. PMID 1831266. doi:10.1073/pnas.88.16.7001. 
  19. Bryant, DM; Mostov, KE (2008). "From cells to organs: building polarized tissue". Nat Rev Mol Cell Biol 9: 887–901. PMC 2921794. PMID 18946477. doi:10.1038/nrm2523. 
  20. Martin-Belmonte, Fernando; Gassama, Ama; Datta, Anirban; Yu, Wei; Rescher, Ursula; Gerke, Volker; Mostov, Keith (2007). "PTEN-mediated apical segregation of phosphoinositides controls epithelial morphogenesis through Cdc42". Cell 128: 383–397. doi:10.1016/j.cell.2006.11.051. 
  21. Bryant, David M.; Roignot, Julie; Datta, Anirban; Overeem, Arend W.; Kim, Minji; Yu, Wei; Peng, Xiao; Eastburn, Dennis J.; Ewald, Andrew J.; Werb, Zena; Mostov, Keith E. (2014). "A molecular switch for the orientation of epithelial cell polarization". Developmental Cell 31: 171–187. doi:10.1016/j.devcel.2014.08.027. 
  22. Yu, Wei; O'Brien, Lucy E.; Wang, Fei; Bourne, Henry; Mostov, Keith E.; Zegers, Mirjam M.P. (2003). "Hepatocyte growth factor switches orientation of polarity and mode of movement during morphogenesis of multicellular epithelial structures". Molecular Biology of the Cell 14: 748–763. doi:10.1091/mbc.E02-06-0350. 
  23. Zegers, Mirjam M.P.; O'Brien, Lucy E.; Yu, Wei; Datta, Anirban; Mostov, Keith E. (2003). "Epithelial polarity and tubulogenesis in vitro". Trends in Cell Biology 13: 169–176. doi:10.1016/S0962-8924(03)00036-9. 
  24. Janda, Elzbieta; Lehmann, Kerstin; Killisch, Iris; Jechlinger, Martin; Herzig, Michaela; Downward, Julian; Beug, Hartmut; Grünert, Stefan (2002). "Ras and TGFβ cooperatively regulate epithelial cell plasticity and metastasis". The Journal of Cell Biology 156: 299–314. doi:10.1083/jcb.200109037. 
  25. Kalluri, Raghu (2003). "Epithelial-mesenchymal transition and its implications for fibrosis". Journal of Clinical Investigation 112: 1776–1784. doi:10.1172/JCI20530. 
  26. Erin O'Brien, Lucy (2004). "ERK and MMPs sequentially regulate distinct stages of epithelial tubule development". Developmental Cell 7: 21–32. doi:10.1016/j.devcel.2004.06.001. 
  27. 27,0 27,1 Kim, M.; Shewan, A. M.; Ewald, A. J.; Werb, Z.; Mostov, K. E. (2015). "p114RhoGEF governs cell motility and lumen formation during tubulogenesis through a ROCK–myosin-II pathway". Journal of Cell Science 128: 4317–4327. doi:10.1242/jcs.172361. 
  28. Vial, Emmanuel; Sahai, Erik; Marshall, Christopher J. (2003). "ERK-MAPK signaling coordinately regulates activity of Rac1 and RhoA for tumor cell motility". Cancer Cell 4: 67–79. doi:10.1016/S1535-6108(03)00162-4. 
  29. Timothy Best (2017-05-06). Tim Fessenden Thesis Defense 05-02-2017 (Tese). Consultado o 2017-09-28. 
  30. Hunter, Michael P.; Zegers, Mirjam M. (2010). "Pak1 regulates branching morphogenesis in 3D MDCK cell culture by a PIX and β1-integrin-dependent mechanism". American Journal of Physiology-Cell Physiology 299: C21–C32. doi:10.1152/ajpcell.00543.2009. 
  31. Jiang, Si-Tse; Chiu, Sue-Jean; Chen, Hong-Chen; Chuang, Woei-Jer; Tang, Ming-Jer (2001). "Role of α 3 β 1 integrin in tubulogenesis of Madin-Darby canine kidney cells". Kidney International 59: 1770–1778. doi:10.1046/j.1523-1755.2001.0590051770.x. 
  32. Gierke, Sarah; Wittmann, Torsten (2012). "EB1-recruited microtubule+ TIP complexes coordinate protrusion dynamics during 3D epithelial remodeling". Current Biology 22: 753–762. doi:10.1016/j.cub.2012.02.069. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Nama ini menggunakan kebiasaan penamaan Filipina; nama tengah atau nama keluarga pihak ibunya adalah Mendiola dan marga atau nama keluarga pihak ayahnya adalah Tawile. Jessy MendiolaMendiola pada 19 Juli 2014LahirJessica Mendiola Tawile3 Desember 1992 (umur 31)Dubai, Uni Emirat ArabAlmamaterKester Grant CollegePekerjaanPemeran, ModelTahun aktif2004–sekarangAgenStar Magic (2007–2019) Viva Artists Agency (2019-sekarang)Dikenal atasMaria Mercedes Maalaala Mo KayaBudoy Jessica ...

 

BMW Z4 (E85 & E86)InformasiProdusenBMWMasa produksiSeptember 2002 – Agustus 2008 (Roadster)PerakitanGreer, Spartanburg County, South Carolina, United States (BMW US Mfg. Co.)PerancangAnders Warming (1999)Bodi & rangkaKelasMobil mewah-sport-RoadsterBentuk kerangka2-door Roadster2-door coupéTata letakFMR layoutPenyalur dayaMesin2.0 L N46B20 I42.2 L M54B22 I62.5 L M54B25 I63.0 L M54B30 I63.0 L N52B30 I63.2 L S54B32 I6Transmisi5/6-speed manual5/6-spee...

 

Dieser Artikel behandelt den Fluss. Zum gleichnamigen sudanesischen Staat siehe an-Nil al-azraq. Blauer Nil Abbai Blauer Nil unterhalb Bahar Dar Blauer Nil unterhalb Bahar Dar Daten Lage im Hochland vonAthiopien Äthiopienund im Osten desSudan Sudan Flusssystem Nil Abfluss über Nil → Mittelmeer Quelle Bei Gish Abay als Gilgel Abay (Kleiner Abbai)[1][2]10° 58′ 12″ N, 37° 11′ 54″ O10.9699353...

Federalist Paper by James Madison regarding representative democracy Federalist No. 39 James Madison, author of Federalist No. 39AuthorJames MadisonOriginal titleThe conformity of the Plan to Republican PrinciplesCountryUnited StatesLanguageEnglishSeriesThe FederalistPublisherThe Independent JournalPublication dateJanuary 16, 1788Media typeNewspaperPreceded byFederalist No. 38 Followed byFederalist No. 40  Federalist No. 39, titled The conformity of the Plan to R...

 

2005 film For the Die Krupps album, see Paradise Now (album). For the play by The Living Theatre, see Paradise Now (play). Paradise NowTheatrical release posterDirected byHany Abu-AssadWritten byHany Abu-AssadBero BeyerPierre HodgsonProduced byBero BeyerStarringKais NashefAli SulimanLubna AzabalHiam AbbassCinematographyAntoine HéberléEdited bySander VosMusic byJina SumediDistributed byA-Film (Netherlands)[1]Constantin Film (Germany and Austria)[1]Haut et Court (France)[1...

 

1983 filmMerry Christmas, Mr. LawrenceJapanese theatrical release posterDirected byNagisa ŌshimaScreenplay by Nagisa Ōshima Paul Mayersberg Based onThe Seed and the Sower1963 novelby Sir Laurens van der PostProduced byJeremy ThomasStarring David Bowie Tom Conti Ryuichi Sakamoto Takeshi Kitano Jack Thompson CinematographyToichiro NarushimaEdited byTomoyo ŌshimaMusic byRyuichi SakamotoProductioncompanies National Film Trustee Company Antares-Nova N.V. Recorded Picture Company Oshima Product...

Voce principale: Regole del gioco del calcio. I cartellini giallo e rosso, in dotazione all'arbitro. I falli e scorrettezze nel gioco del calcio sono delle infrazioni alle regole del gioco del calcio, per le quali l'arbitro deve prendere i dovuti provvedimenti contro il calciatore reo del gesto; nella fattispecie se il giocatore tocca volontariamente il pallone con tutta la mano fino alla spalla è fallo, i falli sono tutte quelle azioni che comportano l'interruzione del gioco e l'assegnazio...

 

PhpStormsoftwareLogoGenereIntegrated development environment SviluppatoreJetBrains s.r.o. Data prima versione2009 Ultima versione2023.3.6 (25 marzo 2024) Sistema operativoMicrosoft WindowsmacOSLinux LinguaggioJava Licenzalicenza proprietaria(licenza non libera) LinguaInglese Sito webwww.jetbrains.com/phpstorm/ Modifica dati su Wikidata · Manuale PhpStorm è un ambiente di sviluppo integrato (IDE) commerciale multi-piattaforma pensato per PHP,[1] sviluppato dalla s...

 

追晉陸軍二級上將趙家驤將軍个人资料出生1910年 大清河南省衛輝府汲縣逝世1958年8月23日(1958歲—08—23)(47—48歲) † 中華民國福建省金門縣国籍 中華民國政党 中國國民黨获奖 青天白日勳章(追贈)军事背景效忠 中華民國服役 國民革命軍 中華民國陸軍服役时间1924年-1958年军衔 二級上將 (追晉)部队四十七師指挥東北剿匪總司令部參謀長陸軍�...

City in Michigan, United States Not to be confused with Warren Township, Michigan. City in Michigan, United StatesWarren, MichiganCityWarren Civic Center (2020) Motto(s): A Safe and Clean CityLocation within Macomb CountyWarrenShow map of MichiganWarrenShow map of the United StatesCoordinates: 42°29′31″N 83°01′26″W / 42.49194°N 83.02389°W / 42.49194; -83.02389Country United StatesState MichiganCounty MacombSettled1830Incorporated1893 (village...

 

Diego Luna Nazionalità  Stati Uniti Altezza 173 cm Peso 85 kg Calcio Ruolo Centrocampista Squadra  Real Salt Lake CarrieraGiovanili Palo Alto2015-2018 S.J. Earthquakes2018-2021 Barça AcademySquadre di club1 2021-2022 El Paso Locomotive42 (13)2022- Real Monarchs3 (0)2022- Real Salt Lake26 (3)Nazionale 2021-2023 Stati Uniti U-2021 (5)2024- Stati Uniti1 (0)Palmarès  CONCACAF Under-20 Oro Honduras 2022 1 I due numeri indicano le presenze e le reti segnate, p...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Bath Community Academy – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2022) (Learn how and when to remove this message) Secondary academy in Bath, Bath and North East Somerset, EnglandBath Community AcademyAddressRush HillBath, Bath and North East Some...

Minor League Baseball league This article is about the baseball league founded in 1945. For the independent baseball league that operated between 1936 and 1938, see Carolina League (1936–1938). Carolina LeagueClassificationSingle-A (2022–present)Low-A (2021)Class A-Advanced (1990–2020)SportBaseballFounded1945 (79 years ago) (1945)No. of teams12CountryUnited StatesMost recentchampion(s)Charleston RiverDogs (2023)Most titlesWinston-Salem Dash (11)Official websitewww.carolina...

 

Questa voce sull'argomento film commedia è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Vivere fino in fondoBen Affleck in una scena del filmTitolo originaleGoing All the Way Lingua originaleinglese Paese di produzioneStati Uniti d'America Anno1997 Durata110 min Generecommedia RegiaMark Pellington SoggettoDan Wakefield SceneggiaturaDan Wakefield FotografiaBobby Bukowski MontaggioLeo Trombetta MusicheT...

 

Subfamily of mammals CapreolinaeTemporal range: Middle Miocene to present Mule deer (Odocoileus hemionus) Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Mammalia Order: Artiodactyla Family: Cervidae Subfamily: CapreolinaeBrookes, 1828 Genera Alces Blastocerus Capreolus Hippocamelus Hydropotes Mazama Odocoileus Ozotoceros Pudella Pudu Rangifer Synonyms Odocoileinae The Capreolinae, Odocoileinae, or the New World deer are a subfamily of deer. Alternatively...

1989 Hong Kong action film directed by Jackie Chan MiraclesHong Kong film posterTraditional Chinese奇蹟Simplified Chinese奇迹Hanyu PinyinQí JīJyutpingKei4 Zik1 Directed byJackie ChanWritten byJackie ChanEdward TangProduced byLeonard HoRaymond ChowStarringJackie ChanAnita MuiGua Ah-lehKo Chun-hsiungWu MaBill TungRichard NgGloria YipCinematographyArthur WongPeter NgorAu Gaam-HungCho Wai-KeiLee San-YipChoi Wa-SingEdited byPeter CheungMusic bySu CongMichael LaiDistributed byGolden...

 

City in Texas, United StatesCotulla, TexasCityDowntown CotullaCotulla, TexasLocation of Cotulla, TexasCoordinates: 28°26′3″N 99°14′11″W / 28.43417°N 99.23639°W / 28.43417; -99.23639CountryUnited StatesStateTexasCountyLa SalleArea[1] • Total2.01 sq mi (5.21 km2) • Land2.01 sq mi (5.21 km2) • Water0.00 sq mi (0.00 km2)Elevation[2]440 ft (130 m)Populatio...

 

绿山战争亚洲的非殖民化(英语:decolonisation of Asia)和阿拉伯冷战的一部分日期1954年10月10日- 1959年1月30日 (4年3个月又5天)地点马斯喀特和阿曼结果 马斯喀特苏丹国胜利 阿曼教长国覆灭,并入马斯喀特苏丹国 英国实现对阿曼全境的经济、政治控制,促使联合国通过2073,2238和2302号“关于阿曼问题的决议”参战方 马斯喀特苏丹国(英语:Muscat and Oman) 英国 阿曼教长国支...

Questa voce sull'argomento cestisti lituani è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Sandra ValužytėNazionalità Lituania Altezza176 cm Peso70 kg Pallacanestro RuoloGuardia SquadraVilniaus Svaja CarrieraSquadre di club 1998-1999 Alytaus Alita1999-2008TEO Vilnius2008-2011 Dinamo Kursk2011-2012 UMMC Ekaterinburg2014-2015BC Utena2015-2016 Ślęza Breslavia2019-Vilniaus Sv...

 

Dunlop World Challenge 2008Sport Tennis Data24 novembre - 30 novembre CampioniSingolare Gō Soeda Doppio Frederik Nielsen / Aisam-ul-Haq Qureshi 2009 Il Dunlop World Challenge 2008 è stato un torneo di tennis facente parte della categoria ATP Challenger Series nell'ambito dell'ATP Challenger Series 2008. Il torneo si è giocato a Toyota in Giappone dal 24 al 30 novembre 2008 su campi in sintetico indoor e aveva un montepremi di $35 000+H. Indice 1 Vincitori 1.1 Singolare 1.2 Doppio 2 Collega...