O concello pertence á comarca de Boedo-Ojeda e está situado na parte alta do río Boedo, que divide a vila en dous barrios. Ten unha poboación de 174 habitantes (en 2009).
A orixe da vila está relacionada coa primeira das repoboacións destas terras na Alta Idade Media por xente do norte, probablemente navarros ou guipuzcoanos (vascones), de onde ven o nome. A vila pertenceu ao Mosteiro de San Andrés de Arroyo e ao duque de Frías.
Patrimonio
Igrexa de San Bartolomé: Templo dunha soa nave destacando no seu interior unha pila bautismal do século XVI.
Muíños de Linaza: De estrutura tradicional, a súa orixe remóntase ao século X. Reformados recentemente.
Museo da madeira
Museo de instrumentos antigos
Festividades
As festas patronais son as de San Bartolomé, o 24 e 25 de agosto. Tamén se conmemora á Virxe do Boedo a terceira fin de semana de agosto, realizándose un mercado artesanal, medio maratón, maratón e máis carreiras (de bici e para os máis pequenos).