Bullying é un termo de orixe inglesa utilizado para describir actos de violencia física ou psicolóxica, intencionais e repetidos, practicados por un individuo (bully) ou grupo de individuos co obxectivo de intimidar ou agredir outro individuo (ou grupo de individuos).[1]
Características do bullying
O científico noruegués Dan Owelus define bullying como un comportamento que inclúe tres aspectos esenciais[2]:
É un comportamento agresivo que implica accións negativas e non desexadas.
Supón un desequilibrio de poder entre as partes involucradas.
O bullying, segundo Owelus, divídese en dúas categorías:
bullying directo ( en forma de ataques físicos e verbais )[4]
bullying indirecto, tamén coñecido como agresión social,[5] ou "acoso centrado nas relacións sociais a través da exclusión deliberada ou do aillamento"[4]
Diferenza entre bullying e mobbing
Aínda que sexan termos semellantes, no bullying sempre está presente a violencia física, mentres que no mobbing as estratexias que utilizan os acosadores ou mobbers sempre son máis psicolóxicas e sutís, pois a intención é non deixar rastro ou pegada do acoso, para facer notar ao acosado ou mobbed como un traballador incompetente, conflitivo ou problemático.
↑ 4,04,1Río Pérez, Jorge del; Sádaba Chalezquer, Charo; Bringué Sala, Xavier (marzo 2010). "Menores y redes ¿sociales?: de la amistad al cyberbullying". Revista de estudios de juventud(en castelán) (88): 116. ISSN0211-4364.
↑Maiuro, Ph.D., Dr. Roland D. (2015). Perspectives on Bullying: Research on Childhood, Workplace, and Cyberbullying(en inglés). Springer Publishing Company. p. 250. ISBN9780826194633.