Bulón

Bulóns empregados para unir seccións do xerador na Presa Grand Coulee

A palabra bulón[1] utilízase para denominar parafusos de tamaño relativamente grande, con rosca só na parte extrema do seu corpo, utilizados en obras de enxeñaría, maquinaria pesada, vías férreas etcétera. Normalmente dispóñense coa correspondente arandela, que adoita ser de presión, e manipúlanse mediante chaves especiais.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bulón.