Os Budas de Bamiyán (en lingua persa: تندیسهای بودا در باميان tandis-ha-ye buda dar bamiyaan) eran dúas estatuas monumentais de Budas esculpidos no século VI[1] nos lados dun cantil no val de Bāmyān, no centro de Afganistán, situado a 230 km ao noroeste de Cabul, a unha altura de 2.500 metros sobre o nivel do mar. As estatuas representaban a conxunción da arte grega e budista.
En marzo de 2001 o goberno talibán derrubou as estatuas. Existe un proxecto de reconstrución que resulta controvertido.
Galería
-
Buda máis alto, despois da destrución
-
Buda máis pequeno, despois da destrución
-
Vista da rocha onde se tallaron os monasterios e os Budas
-
A paisaxe dos restos arqueolóxicos do val Bamiyan
Notas
Véxase tamén
Outros artigos