O town (literalmente "cidade", "vila" ou "pobo") é a unidade básica do goberno local (equivalente a municipio) nos seis estados de Nova Inglaterra. Os towns de Nova Inglaterra cobren toda a superficie do estado, en forma similar aos townships noutros estados, e son corporacións municipais efectivas.
Brunswick, situada a unha altitude media de 24 msnm, ocupa unha supeficie de 140,72 km² (dos que 121,15 km² son de terra e 19,57 km² de auga.[1]
Segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, tiña unha poboación de 21 756 habitantes,[2] polo que a súa densidade de pobación, nese ano, era de 179,6 hab./km².
Demografía
Das 21 756 persoas residentes no municipio segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, o 87,54 % eran brancos, o 3,60 % eran hispanos ou latinos dunha mestura de razas, o 2,28 % asiáticos, o 1,71 % afroamericanos, o 1,24 % doutras etnias, o 0,29 % amerindios e o 0,03 % insulares do Pacífico.[2]
Área metropolitana
Brunswick forma parte da área metropolitana de Portland-South Portland-Biddeford, e o municio alberga o Bowdoin College (onde estudou no século XIX o destacado entomólogoAlpheus Spring Packard), o Bowdoin International Music Festival, o Bowdoin College Museum of Art, o Peary-MacMillan Arctic Museum e o Maine State Music Theatre.
Antigamente foi a sede da Estación Aeronaval de Brunswick, que foi pechada o 31 de maio de 2011 e desde entón foi parcialmente liberada para a súa remodelación como "Brunswick Landing".