Brief Answers to the Big Questions é un libro de ciencia popular escrito polo físico Stephen Hawking, e publicado por Hodder & Stoughton (tapas duras) e Bantam Books (tapas brandas) o 16 de outubro de 2018. O libro aborda algúns dos grandes misterios do universo, e promove unha visión da ciencia como un factor importante para arranxar os problemas da Terra.[1][4][5][6][7] A editorial describe o libro como "unha selección das máis profundas, accesibles e oportunas reflexións [de Hawking] do seu arquivo persoal",[5][7] e inclúe, segundo un crítico de libros, arredor de "medio millón de palabras" dos seus ensaios, conferencias e discursos de apertura. O libro estaba incocluso cando o autor faleceu en marzo de 2018, pero completouse cos "seus colegas académicos, a súa familia e o Stephen Hawking Estate".[8] O prólogo do libro foi escrito por Eddie Redmayne, actor gañador do Oscar que interpretou a Stephen Hawking no filme de 2014, The Theory of Everything; conta cunha introdución de Kip Thorne, Premio Nobel de Física; e un epílogo de Lucy Hawking, a filla do autor.[3] Unha parte dos beneficios do libro están destinados á Motor Neurone Disease Association e á Fundación Stephen Hawking.[8]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 AP News (15 de outubro de 2018). The New York Times, ed. "In Posthumous Message, Hawking Says Science Under Threat". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ Staff (16 de outubro de 2018). "Brief Answers to the Big Questions - Stephen Hawking (author) - Hardback (16 Oct 2018) English". Blackwell.co.uk. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Staff (2018). Amazon, ed. "Brief Answers to the Big Questions – Hardcover – October 16, 2018 by Stephen Hawking". Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ Stanley-Becker, Isaac (15 de outubro de 2018). The Washington Post, ed. "Stephen Hawking feared race of ‘superhumans’ able to manipulate their own DNA". Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Millard, Robin (15 de outubro de 2018). Phys.org, ed. "Hawking's final book offers brief answers to big questions". Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ Haldevang, Max de (14 de outubro de 2018). Quartz, ed. "Stephen Hawking left us bold predictions on AI, superhumans, and aliens". Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Griffin, Andrew (16 de maio de 2018). The Independent, ed. "Stephen Hawking's final work will try to answer some of the biggest questions in the universe - Book will collect the late professor's most profound and celebrated writings". Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 Durrani, Matin (16 de outubro de 2018). Physics World, ed. "Stephen Hawking’s final book: a review of Brief Answers to the Big Questions". Consultado o 16 de outubro de 2018.