| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os eventos de breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024 están programados do 9 ao 10 de agosto de 2024 no parque urbano da Praza da Concordia de París, Francia[1].
Esta é a primeira vez que unha disciplina de dancesport entra no programa olímpico aínda que xa foi presentada nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018, en Bos Aires, Arxentina.
Eventos
Hai dous eventos ou competicións planificadas individuais, unha masculina e outra feminina. Cada participante enfrontarase en cada torneo entre sí, serán 16 varóns e 16 mulleres que loitarán en duelos en solitario cara a cara[2] . Entre os criterios para participar están que os B-Boys e B-Girls deben ter nacido antes do 31 de decembro de 2008.
Organización
Criterios de cualificación
Trinta e dous atletas califican para as competencias masculina e feminina, un máximo de dous por xénero e por país. Entre os eventos clasificatorios para os eventos olímpicos atópanse os Campionatos Mundiais de 2023, os Campionatos Continentais de 2022/2023 e as series de clasificación olímpica[3] .
O país anfitrión, Francia, ten unha invitación por xénero se ningún dos seus representantes calificou polos medios mencionados anteriormente.
A lista final pechouse o 8 de xullo de 2024.
Recinto da competencia
O lugar escollido para realizar os eventos desta disciplina é o parque urbano da Concordia, localizado no VIII Distrito de París, no comezo dos Campos Elíseos[4].
Calendario
Medallistas
Véxase tamén
Outros artigos
Notas