Brais[1][2] é un nome propiomasculinogalego. A súa orixe é o latínBlasius, que á súa vez provén de blaesus que quere dicir 'o que tatexa ou gaguexa', 'tatexo'. En galego tamén ten a vairante Bras.[2]
En xaneiro de 2023 existían 5.814 varóns en Galicia co nome Brais, cunha media de idade de 18,5 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Bras.
Historia
Brais (Bras) foi un nome común en Galiza, San Brais é padroeiro de dúas parroquias, mais é moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá Blas. Martín Sarmiento fala do nome Brais (Bras dô Montecelo): Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.[4] Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Tamén ten certo uso nas zonas galegofalantes de fóra de Galicia, e así hai 30 Brais en Asturias[5] e 28 en León.[6]
Onomástica
3 de febreiro: San Brais, venerado en occidente, importante en Galiza sendo patrón de dúas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).
Na cultura popular galega
Ditos
Xa te entendo, Bras, significa que un alcanza a intención doutro[7].
Refraneiro
Ai Bras, que tanto dis que me queres e tanto sofrir me fas!
Bras, lávate e comerás: dispois de lavado, non comerás bocado.
Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará.
Mira, Bras, por onde vas, e coida ben o que fas.
San Bras da Barca que afoga e non mata.
Se te lavas, Bras, a rèla quitarás e limpo quedarás.