Botkyrka é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Tumba. O concello está situado na peníncula de Södertörn en Södermanland co lago Mälaren ao norte e o mar Báltico (as baías de Mörkarfjärden, Himmerfjärden e Järnafjärden) ao suroeste. O municipio de Botkyrka limita ao norte co concello de Ekerö, ao nordés co de Huddinge, ao sueste co de Haninge, ao sur co de Nynäshamn e ao oeste cos de Södertälje e Salem, todos eles no condado de Estocolmo.
A meirande parte da poboación activa traballa fóra do municipio, pero a poboación que traballa no concello faino principalmente no sector servizos. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 95 184 habitantes.[2]